Compare commits

...

10 Commits

85 changed files with 169 additions and 1 deletions

1
09/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 9 \v 1 Abimelec, fillo de Ierubaal, foi a Siquem, aos irmáns da súa nai, e falou con eles e con toda a familia da casa do pai da súa nai, dicindo: \v 2 Falade, rógovos, aos ouvidos de tódolos homes de Siquem: que vos parece mellor, que setenta homes, todos os fillos de Ierubaal, vos gobernen, ou que un só home vos goberne? E lembrade que eu tamén son o voso óso e a vosa carne.

1
09/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E os irmáns da súa nai falaron por el aos ouvidos de tódolos habitantes de Siquem todas estas palabras; e o seu corazón inclinouse a favor de Abimelec, porque dicían: é o noso irmán. \v 4 E déronlle setenta siclos de prata da casa de Baal-berit, e con eles Abimelec contratou homes preguiceiros e vagabundos, e eles seguírono.

1
09/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E foi á casa do seu pai en Ofra, e matou aos seus irmáns, os fillos de Ierubaal, setenta homes, sobre unha soa pedra; pero quedou Iotam, o fillo máis novo de Ierubaal, que se escondeu. \v 6 Entón reuníronse todos os homes de Siquem con toda a casa de Milo, e foron e fixeron rei a Abimelec, na aciñeira do piar que había en Siquem.

1
09/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Cando informaron disto a Iotam, foi e púxose enriba do monte Gerizim, e berrando a gran voz, dixo: -Escoitádeme, homes de Siquem, para que Deus vos escoite. \v 8 Unha vez as árbores foron a escoller un rei sobre si mesmos, e dixéronlle á oliveira: reina sobre nós.

1
09/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Pero a oliveira respondeulles: -debo abandonar o meu aceite, co que honro a Deus e á xente, para ir a ser grande sobre as árbores? \v 10 Entón as árbores dixeron á figueira: -Ven ti, reina sobre nós. \v 11 E a figueira respondeulles: -Deixarei a miña dozura e o meu bo froito para ir a ser grande sobre as árbores?

1
09/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón as árbores dixeron á vide: -Ven ti, reina sobre nós. \v 13 Pero a vide respondeulles: -Deixarei o meu mosto, que alegra a Deus e ás persoas, para ir a ser grande sobre as árbores? \v 14 Entón tódalas árbores dixeron á silveira: -Ven ti, reina sobre nós.

1
09/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Entón a silveira respondeu ás árbores: -Se de verdade me facedes rei sobre vós mesmos, vinde e agochádevos baixo a miña sombra; e se non, que saia lume da silveira e devore os cedros do Líbano. \v 16 Agora pois, se con verdade e integridade procedestes en facer rei a Abimelec, e se tratastes ben a Ierubaal e á súa casa, e se lle pagastes conforme as obras das súas mans,

1
09/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 porque o meu pai loitou por vós, e arriscou a súa vida para librarvos da man de Madián; \v 18 pero hoxe vós erguéstesvos contra a casa do meu pai, e matastes os seus fillos, setenta homes sobre unha soa pedra, e puxestes por rei sobre os habitantes de Siquem a Abimelec, fillo da súa serva, por ser o voso irmán;

1
09/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 se con verdade e integridade actuastes hoxe con Ierubaal e coa súa casa, entón alegrádevos con Abimelec, e el alegrarase tamén convosco. \v 20 E se non, que saia lume de Abimelec e consuma os de Siquem e a casa de Milo; e que saia lume dos de Siquem e da casa de Milo e consuma a Abimelec. \v 21 E Iotam fuxiu e foi a Beer, e ficou alí por medo do seu irmán Abimelec.

1
09/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 E Abimelec reinou sobre Israel por tres anos, \v 23 entón Deus mandou un mal espírito entre Abimelec e os homes de Siquem, e os homes de Siquem levantáronse contra Abimelec. \v 24 para que a violencia feita aos setenta fillos de Ierubaal e o sangue deles caera sobre o seu irmán Abimelec por matalos, e sobre os homes de Siquem que lle fortaleceran as mans para matar os seus irmáns.

1
09/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 E os homes de Siquem puxeron saqueadores nos cumios dos montes que roubaban a todos os que pasaban polo camiño xunto a eles; e informaron a Abimelec.

1
09/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 E Gaal, fillo de Ebed, veu cos seus irmáns, e atravesaron a Siquem, e os habitantes de Siquem confiaron nel. \v 27 E saíron ao campo, e vendimaron as súas viñas, e pisaron as uvas e fixeron festa; e entraron na casa do seu deus, comeron e beberon e maldiciron a Abimelec.

1
09/28.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 28 E dixo Gaal, fillo de Ebed: -Quen é Abimelec, e que é Siquem para que nós o sirvamos? Non é el fillo de Ierubaal, e non é o seu axudante Zebul? Servide os fillos de Hamor, pai de Siquem! Pero por que temos que servilo nós? \v 29 Se este pobo estivese baixo o meu poder, entón eu botaría a Abimelec fóra. E diría a Abimelec: -Reforza o teu exército e sae!

1
09/30.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 30 E cando Zebul, gobernador da cidade, escoitou as palabras de Gaal, fillo de Ebed, acendeuse a súa ira, \v 31 E mandou mensaxeiros a Abimelec en segredo, dicindo: -velaí, Gaal, fillo de Ebed, e os seus irmáns viñeron a Siquem, e velaquí, están a levantar a cidade en contra túa.

1
09/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 Agora pois, érguete esta mesma noite, ti e o pobo que está contigo, e pon emboscadas no campo. \v 33 Pola mañá, ao saír o sol, érguete cedo e ataca á cidade, cando el e o pobo que está con el saian contra ti, e farás con el segundo o que che sexa posible.

1
09/34.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 34 Entón Abimelec e todo o pobo que estaba con el, erguéronse de noite, e tenderon unha emboscada contra Siquem en catro compañías. \v 35 Entón Gaal, fillo de Ebed, saíu e púxose na entrada da porta da cidade; e Abimelec e todo o pobo que estaba con el, saían da emboscada.

1
09/36.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 36 Ao ver Gaal o pobo, díxolle a Zebul: -Mira, hai un pobo que baixa dos cumios dos montes. Pero Zebul respondeulle: -Ti ves as sombras dos montes coma se fosen persoas. \v 37 Gaal falou de novo, e dixo: -Velaí, un pobo baixa do medio da terra, e unha tropa vén polo camiño de Elón-Meonenim.

1
09/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 Entón Zebul díxolle: -onde está agora a túa boca coa que dixeches: quen é Abimelec para que o sirvamos? Non é este o pobo que tiñas ti en pouco? Sae agora e loita con el! \v 39 E Gaal saíu diante dos habitantes de Siquem, e loitou contra Abimelec. \v 40 E Abimelec perseguiuno, e Gaal fuxiu de diante del, e moitos caeron feridos ata a entrada da porta.

1
09/41.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 41 E Abimelec quedou en Aruma; e Zebul expulsou a Gaal e os seus irmáns, para que non habitasen en Siquem. \v 42 E sucedeu que ao día seguinte o pobo saíu ao campo, e Abimelec foi informado, \v 43 e colleu o pobo e dividiuno en tres compañías, e puxo emboscadas no campo; e mirou, e velaí, o pobo saía da cidade; e ergueuse en contra deles e atacounos.

1
09/44.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 44 Entón Abimelec e as compañías que estaban con el, atacaron con violencia e detivéronse na entrada da porta da cidade; pero as outras dúas compañías atacaron a todos os que estaban no campo e matáronos. \v 45 E Abimelec loitou contra a cidade todo ese día, e tomou a cidade e matou a xente que estaba nela. E destruíu a cidade e sementouna de sal.

1
09/46.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 46 Cando todos os que estaban na torre de Siquem escoitaron isto, entraron no cuartel da casa de Berit. \v 47 e se lle informou a Abimelec que todos os homes da torre de Siquem estaban reunidos,

1
09/48.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 48 entón Abimelec subiu ao monte Salmón, el e todo o pobo que estaba con el; e Abimelec colleu un machado na man e cortou unha rama das árbores, e levantouna e púxoa sobre os seus ombreiros, e díxolle ao pobo que estaba con el: -O que vistes que fago, apurádevos a facer como eu fago. \v 49 E todo o pobo tamén cortou cada un a súa rama, e seguiron a Abimelec; e puxéronas xunto á fortaleza, e prenderon con elas lume á fortaleza; e morreron todos os da torre de Siquem, uns mil homes e mulleres.

1
09/50.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 50 Entón Abimelec foi a Tebes, sitiou Tebes e tomouna. \v 51 Pero había unha torre fortificada no medio da cidade, e todos os homes e as mulleres, e tódolos príncipes da cidade fuxiron a ela; e pechando as portas detrás deles, subiron ao teito da torre.

1
09/52.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 52 Entón Abimelec chegou á torre, e loitou contra ela, e chegou ata a porta da torre para prenderlle lume. \v 53 Pero unha muller deixou caer unha pedra de muíño sobre a cabeza de Abimelec, e quebrou o seu cranio. \v 54 Entón chamou de súpeto ao seu escudeiro, e díxolle: -Saca a túa espada e mátame, para que non digan de min: unha muller matouno. E o seu escudeiro traspasouno, e morreu.

1
09/55.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 55 Cando os israelitas viron que Abimelec morrera, cada un foi para a súa tenda. \v 56 Así pagou Deus a Abimelec o mal que fixera contra o seu pai matando os seus setenta irmáns. \v 57 E Deus fixo volver sobre as súas cabezas toda a maldade dos homes de Siquem. E veu sobre eles a maldición de Iotam, fillo de Ierubaal

1
10/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 10 \v 1 Despois de Abimelec, levantouse para librar a Israel Tola, fillo de Fua, fillo de Dodo, de Isacar, que vivía en Samir na rexión montañosa de Efraín. \v 2 E xulgou a Israel vinte e tres anos, e morreu, e foi sepultado en Samir.

1
10/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Despois del ergueuse Xair galadita, que xulgou a Israel por vinte e dous anos. \v 4 Tiña trinta fillos que montaban en trinta asnos, e tiñan trinta cidades, que ata hoxe se chaman as vilas de Xair, que están na terra de Galaad. \v 5 E morreu Xair, e foi sepultado en Camón.

1
10/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh, e serviron os baales e as Astartés, os deuses de Siria, os deuses de Sidón, os deuses de Moab, os deuses dos fillos de Amón e os deuses dos filisteos; e abandonaron a Iahveh e non o serviron. \v 7 Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Israel, e vendeunos na man dos filisteos e na man dos fillos de Amón;

1
10/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E eles a partir daquel ano oprimiron a Israel por dezaoito anos: a tódolos fillos de Israel que estaban alén do Xordán, na terra dos amorreos que está en Galaad. \v 9 E os fillos de Amón cruzaron o Xordán para facer guerra tamén contra Xudá e Benxamín e contra a casa de Efraín; e Israel estaba moi aflixido.

1
10/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Entón os fillos de Israel clamaron a Iahveh, dicindo: -Pecamos contra ti, porque abandonamos o noso Deus e servimos os baales. \v 11 E Iahveh respondeu aos fillos de Israel: -Non fostes oprimidos polos exipcios, os amorreos, os amonitas, e os filisteos? \v 12 E cando os de Sidón, o de Amalec e o de Maón vos oprimiron, e clamastes a min, non vos librei das súas mans

1
10/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Pero vós deixástesme a min e servistes a outros deuses; por iso Eu non vos librarei máis. \v 14 Ide e clamade aos deuses que escollestes; que eles vos libren no tempo da vosa aflición!

1
10/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Pero os fillos de Israel dixeron a Iahveh: -Pecamos; fai ti con nós como mellor che pareza; soamente, líbranos neste día! \v 16 E quitaron de entre eles os deuses estranxeiros, e serviron a Iahveh; e El sentiuse profundamente anguriado pola aflición de Israel.

1
10/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Entón os fillos de Amón reuníronse e acamparon en Galaad; e os fillos de Israel tamén se reuniron e acamparon en Mizpa. \v 18 E os príncipes e o pobo de Galaad dixeron uns aos outros: -Quen comezará a batalla contra os fillos de Amón? El será xefe sobre todos os habitantes de Galaad.

1
10/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 10

1
11/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 11 \v 1 Iefte de Galaad era un home esforzado e valente; era fillo dunha prostituta, e o pai de Iefté era Galaad. \v 2 Pero a muller de Galaad deulle fillos, e cando estes medraron, botaron fóra a Iefté, dicíndolle: -ti non serás herdeiro na casa do noso pai, porque es fillo doutra muller. \v 3 Iefté fuxiu dos seus irmáns, e estableceuse na terra de Tob; e xuntáronse con el homes preguiceiros que ían canda el.

1
11/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Pasado algún tempo, os fillos de Amón fixeron guerra a Israel. \v 5 E cando os fillos de Amón atacaron a Israel, os anciáns de Galaad foron na procura de Iefté á terra de Tob; \v 6 e dixéronlle a Iefté: -ven e sé o noso xefe para que loitemos contra os fillos de Amón.

1
11/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Pero Iefté dixo aos anciáns de Galaad: -Non fostes vós os que me odiastes e me botastes da casa do meu pai? Por que, pois, viñestes a min agora cando estades en apuros? \v 8 E os anciáns de Galaad dixéronlle a Iefté: -Por iso volvemos agora a ti, para que vaias con nós e loites contra os fillos de Amón, e sexas xefe de todos os habitantes de Galaad.

1
11/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 E Iefté dixo aos anciáns de Galaad: -Se me facedes volver para loitar contra os fillos de Amón, e Iahveh os entrega diante de min, serei eu o voso xefe? \v 10 E os anciáns de Galaad dixeron a Iefté: - Iahveh sexa testemuña entre nós, se non facemos conforme a túa palabra. \v 11 Entón Iefté veu cos anciáns de Galaad, e o pobo fíxoo xefe e caudillo sobre el; e Iefté falou todas as súas promesas diante de Iahveh en Mizpa.

1
11/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón Iefté mandou mensaxeiros ao rei dos amonitas, dicindo: -Que tes ti comigo, que viñeches a min para facer guerra contra a miña terra? \v 13 E o rei dos amonitas respondeu aos mensaxeiros de Iefté: -Porque Israel, cando subiu de Exipto, tomou a miña terra, dende o Arnon ata o Iaboc e ata o Xordán; agora, devolvédea en paz.

1
11/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Iefté mandou outra vez mensaxeiros ao rei dos amonitas, \v 15 e díxolle: -Así di Iefté: Israel non tomou a terra de Moab, nin a terra dos fillos de Amón. \v 16 Pois cando Israel subiu de Exipto, pasou polo deserto ata o mar Vermello, e chegou a Cades.

1
11/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Entón Israel mandou mensaxeiros ao rei de Edom, dicindo: -Rógoche que me deixes pasar pola túa terra; pero o rei de Edom non os escoitou. E mandou tamén ao rei de Moab, que tampouco quixo. E Israel ficou en Cades. \v 18 Entón seguiu polo deserto e rodeou a terra de Edom e a terra de Moab, e chegou polo lado oriental da terra de Moab; acampou alén do Arnón, pero non entrou no territorio de Moab, porque o Arnón é o territorio de Moab.

1
11/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Entón Israel mandou mensaxeiros a Sihón, rei dos amorreos, rei de Hesbón, dicindo: -Pídoche que me deixes pasar pola túa terra ata o meu lugar. \v 20 Pero Sihón non confiou en Israel para darlle paso polo seu territorio; e Sihón reuniu a todo o seu pobo, campou en Iahzaz, e loitou contra Israel.

1
11/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E Iahveh, Deus de Israel, entregou a Sihón e todo o seu pobo en man de Israel, e eles derrotáronos; e Israel tomou posesión de toda a terra dos amorreos que vivían naquela terra. \v 22 E apoderáronse de todo o territorio dos amorreos dende o Arnón ata Iaboc, e dende o deserto ata o Xordán.

1
11/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 E agora, o que Iahveh, Deus de Israel, despoxou dos amorreos diante do seu pobo Israel, ti pretendes apoderarte del? \v 24 O que o teu deus Quemos che concedeu, non o posuirás ti? Pois nós posuiremos todo o que Iahveh o noso Deus nos concedeu. \v 25 Ou es ti agora mellor que Balac, fillo de Zipor, rei de Moab? Tivo el algunha disputa con Israel, ou fixo guerra contra eles?

1
11/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 Cando Israel viviu en Hesbón e as súas aldeas, e en Aroer e as súas aldeas, e en tódalas cidades que están na rexión do Arnon, por trescentos anos, por que non as recuperastes neste tempo? \v 27 Agora ben, eu non pequei contra ti, pero ti fas mal comigo loitando contra min. Iahveh, o Xuíz, xulgue hoxe entre os fillos de Israel e os fillos de Amón. \v 28 Pero o rei dos fillos de Amón non deu atención ás palabras que Iefté lle mandara.

1
11/29.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 29 Entón o Espírito de Iahveh veu sobre Iefté; e pasou por Galaad e Manasés, e pasou a Mizpa de Galaad; e de Mizpa de Galaad pasou aos fillos de Amón. \v 30 E Iefté fixo un voto a Iahveh, dicindo: -Se realmente entregas os fillos de Amón na miña man, \v 31 entón, o que saia da porta da miña casa ao meu encontro cando volva vitorioso dos fillos de Amón, será de Iahveh, ou ofrecereino en holocausto.

1
11/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 Entón Iefté foi cara aos fillos de Amón para loitar contra eles, e Iahveh entregounos na súa man. \v 33 E venceunos dende Aroer ata chegar a Minit, vinte cidades e ata a veiga das viñas, con grande derrota. E os amonitas foron sometidos polos fillos de Israel.

1
11/34.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 34 E Iefté volveu a Mizpa, á súa casa; e velaí que a súa filla saíu ao seu encontro con pandeiros e bailes. E ela era a súa única filla; fóra dela non tiña nin fillo nin filla. \v 35 E sucedeu que cando a viu, rachou as súas roupas, e dixo: -Ai miña filla! En verdade aflixíchesme, e ti vés ser a causa da miña tristura; porque dixen palabra a Iahveh e non podo volver atrás.

1
11/36.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 36 Pero ela díxolle: -Meu pai, se abriches a boca a Iahveh, faime conforme o que saíu da túa boca, xa que Iahveh fixo vinganza sobre os teus inimigos, os fillos de Amón. \v 37 E díxolle a seu pai: -Permíteme isto: déixame por dous meses, para que vaia e baixe polos montes e chore a miña virxindade, eu e as miñas compañeiras.

1
11/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 E el dixo: -Vai. E deixouna por dous meses. E ela foi cos seus compañeiros, e chorou a súa virxinidade nos montes. \v 39 E pasados os dous meses volveu onda o seu pai, que cumpriu con ela o voto que fixera. E ela non coñecera home. \v 40 E chegou a ser costume en Israel: que cada ano as fillas de Israel ían a chorar á filla de Iefte galedita, catro días ao ano.

1
11/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 11

1
12/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 12 \v 1 Entón os homes de Efraín reuníronse e pasaron cara o norte, e dixéronlle a Iefté: -Por que fuches a loitar contra os fillos de Amón e non nos chamaches para que fora contigo? Nós queimaremos a túa casa contigo. \v 2 Pero Iefté díxolles: -Eu e o meu pobo estabamos en grande disputa cos fillos de Amón; e cando vos chamei, non me rescatastes da súa man.

1
12/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Vendo que non me defendestes, arrisquei a miña vida e pasei contra os fillos de Amón, e Iahveh entregounos na niña man. Por que, pois, subistes hoxe para loitar contra min? \v 4 Entón Iefté reuniu a tódolos homes de Galaad e loitou contra Efraín; e os homes de Galaad derrotaron a Efraín, porque eles dixeran: vós sodes fuxitivos de Efraín; vós, os de Galaad, estades no medio de Efraín e Manasés.

1
12/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E os de Galaad tomaron os pasos do Xordán para Efraín; e sucedeu que cando os fuxitivos de Efraín dicían: -Déixame pasar, preguntábanlles os homes de Galaad: -Es ti efratita? E se el respondía: -Non, \v 6 entón eles dicíanlle: di agora: Shibolet. E el dicía: Sibolet, porque non podía pronuncialo correctamente. Entón botábanlle a man e matábano nos vaos do Xordán. E naquel tempo morreron de Efraín corenta e dous mil.

1
12/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Iefté xulgou a Israel seis anos; e morreu Iefté galadita, e foi sepultado nunha das cidades de Galaad.

1
12/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Despois del xulgou a Israel Ibzan de Belén, \v 9 El tiña trinta fillos e trinta fillas, que casaron fóra e tomou de fóra trinta fillas para os seus fillos. E xulgou a Israel por sete anos.

1
12/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E morreu Ibzan, e foi sepultado en Belén. \v 11 Despois del xulgou a Israel Elón zabulonita; e xulgou a Israel dez anos. \v 12 E morreu Elón zabulonita, e foi sepultado en Axalón, na terra de Zabulón.

1
12/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Despois del xulgou a Israel Abdón, fillo de Hilel, piratonita. \v 14 El tiña corenta fillos e trinta netos que montaban en setenta asnos; e xulgou a Israel oito anos. \v 15 E morreu Abdón, fillo de Hilel piratoniota, e foi sepultado en Piratón, na terra de Efraín, no monte de Amalec.

1
12/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 12

1
13/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 13 \v 1 Os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh, e Iahveh entregounos no poder dos filisteos por corenta anos. \v 2 E había un home de Zora, da tribo de Dan, que se chamaba Manoa; e a súa muller era estéril, non tiña fillos.

1
13/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Pero o anxo de Iahveh aparecéuselle a esta muller e díxolle: -Velaquí, ti es estéril e non tiveches fillo; pero concebirás e darás a luz un fillo. \v 4 Agora pois, non bebas viño nin licor, nin comas cousa inmunda. \v 5 Porque velaí que concebirás e darás a luz un fillo, e ningún coitelo pasará sobre a súa cabeza, porque o neno será nazareo de Deus dende o seo da nai; e el comezará a salvar a Israel da man dos filisteos.

1
13/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E a muller foi e contoulle ao seu home, dicindo: -Veu a min un home de Deus, o seu parecer era moi terrible, coma o parecer dun anxo de Deus; e non lle preguntei de onde era, nin el me dixo o seu nome. \v 7 Só me dixo: -Velaí que concebirás e darás a luz un fillo; agora pois, non bebas viño nin licor, nin comas cousa inmunda, porque o neno será nazareo de Deus desde o ventre ata o día da súa morte.

1
13/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Entón Manoa orou a Iahveh, dicindo: -Ai meu Señor, rógoche que o home de Deus que mandaches, veña outra vez a nós e nos ensine o que debemos facer co neno que ha nacer. \v 9 E Deus escoitou a voz de Manoa; e o anxo de Deus veu outra vez á muller mentres estaba ela no campo; pero o seu home Manoa non estaba con ela.

1
13/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Entón a muller correu axiña e comunicoullo ao seu home, e díxolle: -Mira, o home que veu a min o outro día, aparecéuseme. \v 11 E levantouse Manoa e seguiu á súa muller, e chegou ao home e díxolle: -Es ti o home que falou á muller? E el dixo: -Eu son.

1
13/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón Manoa dixo: -Cando se cumpran as túas palabras, cal será o xeito de vivir do rapaz, e que faremos con el? \v 13 Entón o anxo de Iahveh dixo a Manoa: -A muller ha gardarse de todas as cousas que lle dixen. \v 14 Non tomará nada que veña da vide; non beberá viño nin sidra, e non comerá cousa inmunda; gardará todo o que lle mandei.

1
13/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Entón Manoa dixo ao anxo de Iahveh: -Rógoche que nos deixes reterte aquí e que che preparemos un cabrito. \v 16 Pero o anxo de Iahveh díxolle a Manoa: -Aínda que me deteñas, non comerei do teu pan; pero se queres ofrecer un holocausto, ofreceo a Iahveh. Pois Manoa non sabía que era o anxo de Iahveh.

1
13/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Entón Manoa dixo ao anxo de Iahveh: -Cal é o teu nome, para que cando se cumpra a túa palabra, te honremos? \v 18 O anxo de Iahveh díxolle: -Por que preguntas o meu nome, que é admirable?

1
13/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Entón Manoa colleu un cabrito e unha ofrenda, e ofreceunos a Iahveh sobre a rocha; e o anxo fixo un milagre a vista de Manoa e da súa muller. \v 20 E aconteceu que cando a chama subía do altar cara o ceo, o anxo de Iahveh subiu no fogo do altar a vista de Manoa e a súa muller, e eles prostráronse en terra

1
13/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E o anxo de Iahveh non se apareceu máis a Manoa e á súa muller. Entón Manoa entendeu que era o anxo de Iahveh. \v 22 E Manoa dixo á súa muller: -Certamente morreremos porque vimos a Deus.

1
13/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 Pero a súa muller respondeulle: -Se Iahveh quixera matarnos, non aceptaría o holocausto e a ofrenda das nosas mans; nin nos amosaría todas estas cousas, nin agora nos faría saber isto.

1
13/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 24 Entón a muller deu a luz un fillo e chamouno Sansón. E o neno medrou, e Iahveh bendiciuno. \v 25 Entón o Espírito de Iahveh comezou a manifestarse nel no campamento de Dan, entre Zora e Estaol.

1
13/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 13

1
14/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 14 \v 1 Entón Sansón baixou a Timnat, e viu en Timnat unha muller de entre as fillas dos filisteos. \v 2 Subíu e díxollo a seu pai e á súa nai, dicindo: -Eu vin unha muller en Timnat de entre as fillas dos filisteos, e rógovos que ma tomedes por muller.

1
14/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Pero o seu pai e a súa nai dixéronlle: -Non hai muller entre as fillas dos teus irmáns, ou entre todo o meu pobo, para que vaias tomar muller dos filisteos incircuncisos? E Sansón dixo ao seu pai: -Tómame a ela por muller, porque ela é do meu agrado! \v 4 Pero o seu pai e a súa nai non sabían que isto viña de Iahveh, porque El procuraba unha oportunidade contra os filisteos; e por aquel tempo os filisteos dominaban sobre Israel.

1
14/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Entón Sansón baixou co seu pai e coa súa nai a Timnat; e cando chegaron ás viñas de Timnat, velaquí que un león novo veu ruxindo cara a el. \v 6 E o Espírito de Iahveh veu sobre Sansón, e el esnaquizou o león coma se esnaquizara un cabrito, sen ter nada na man; e non lle dixo nin ao seu pai nin á súa nai o que fixera.

1
14/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Baixou, pois, e falou á muller, e ela agradou a Sansón. \v 8 E despois de varios días volveu para tomala, e desviouse do camiño para ver o cadaleito do león; e velaí que no cadáver do león había unha colmea de abellas con mel. \v 9 E colleuno nas súas mans, e ía coméndoo polo camiño; e chegou onde o seu pai e a súa nai e deulles a comer, pero non lles dixo que tomara o mel do cadaleito do león.

1
14/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Cando o seu pai subiu onde estaba a muller, Sansón fixo alí un banquete, porque así adoitaban facer os mozos. \v 11 Cando eles o viron, colleron trinta compañeiros para que estiveran con el.

1
14/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E Sansón díxolles: -Eu propoñereivos unha adiviña; se nos sete días do banquete ma podedes resolver, eu dareivos trinta túnicas de liño e trinta mudas de vestidos. \v 13 Pero se non podedes explicarme, vós darédesme trinta túnicas de liño e trinta mudas de vestidos. E eles dixeron: -Proclama a túa adiviña, e escoitarémola.

1
14/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Entón díxolles: "Do devorador saíu alimento, e do forte saíu dozura." E eles non puideron explicarlle a adiviña en tres días.

1
14/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Mais ao sétimo día dixéronlle á muller de Sansón: -Seduce ao teu home para que nos explique a adiviña, non sexa que te queimemos a ti e a casa do teu pai. Chamástesnos para despoxarnos?

1
14/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 E a muller de Sansón chorou diante del, e díxolle: -Só me aborreces, e non me amas; porque non me explicaches a adiviña que lles propuxeches aos fillos do meu pobo! E el respondeulle: -Velaquí, nin ao meu pai nin á miña nai llo expliquei, e que che hei dicir a ti? \v 17 E ela chorou diante del durante os sete días do banquete; e ao sétimo día el explicoulle o asunto porque ela insistiu, e ela explicoullo aos fillos do seu pobo

1
14/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 E no sétimo día, antes do solpor, os homes da cidade dixéronlle: -Que hai que sexa máis doce que o mel? E que hai que sexa máis forte que o león? E el respondeulles: -Se non arásedes? coa miña becerra, non descubriríades a miña adiviña.

1
14/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Entón o Espírito de Iahveh veu sobre el con forza, e descendeu a Ascalón e matou a trinta homes deles; e colleu os despoxos deles e deulles as mudas de vestidos aos que lles dixeran a adiviña. E acendido de ira, foi á casa do seu pai. \v 20 E a muller de Sansón foi dada ao seu compañeiro, ao que el tratara como o seu amigo.

1
14/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 14

View File

@ -169,6 +169,90 @@
"08-29",
"08-32",
"08-34",
"09-title"
"09-title",
"09-01",
"09-03",
"09-05",
"09-07",
"09-09",
"09-12",
"09-15",
"09-17",
"09-19",
"09-22",
"09-25",
"09-26",
"09-28",
"09-30",
"09-32",
"09-34",
"09-36",
"09-38",
"09-41",
"09-44",
"09-46",
"09-48",
"09-50",
"09-52",
"09-55",
"10-title",
"10-01",
"10-03",
"10-06",
"10-08",
"10-10",
"10-13",
"10-15",
"10-17",
"11-title",
"11-01",
"11-04",
"11-07",
"11-09",
"11-12",
"11-14",
"11-17",
"11-19",
"11-21",
"11-23",
"11-26",
"11-29",
"11-32",
"11-34",
"11-36",
"11-38",
"12-title",
"12-01",
"12-03",
"12-05",
"12-07",
"12-08",
"12-10",
"12-13",
"13-title",
"13-01",
"13-03",
"13-06",
"13-08",
"13-10",
"13-12",
"13-15",
"13-17",
"13-19",
"13-21",
"13-23",
"13-24",
"14-title",
"14-01",
"14-03",
"14-05",
"14-07",
"14-10",
"14-12",
"14-14",
"14-15",
"14-16",
"14-18",
"14-19"
]
}