gl_jdg_text_reg/12/05.txt

1 line
440 B
Plaintext

\v 5 E os de Galaad tomaron os pasos do Xordán para Efraín; e sucedeu que cando os fuxitivos de Efraín dicían: -Déixame pasar, preguntábanlles os homes de Galaad: -Es ti efratita? E se el respondía: -Non, \v 6 entón eles dicíanlle: di agora: Shibolet. E el dicía: Sibolet, porque non podía pronuncialo correctamente. Entón botábanlle a man e matábano nos vaos do Xordán. E naquel tempo morreron de Efraín corenta e dous mil.