Wed Apr 17 2024 19:44:19 GMT+0200 (hora de verano de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-04-17 19:44:19 +02:00
parent 295cdb2a7f
commit b1b3a2fe42
19 changed files with 19 additions and 0 deletions

1
12/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E os de Galaad tomaron os pasos do Xordán para Efraín; e sucedeu que cando os fuxitivos de Efraín dicían: -Déixame pasar, preguntábanlles os homes de Galaad: -Es ti efratita? E se el respondía: -Non, \v 6 entón eles dicíanlle: di agora: Shibolet. E el dicía: Sibolet, porque non podía pronuncialo correctamente. Entón botábanlle a man e matábano nos vaos do Xordán. E naquel tempo morreron de Efraín corenta e dous mil.

1
12/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Iefté xulgou a Israel seis anos; e morreu Iefté galadita, e foi sepultado nunha das cidades de Galaad.

1
12/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Despois del xulgou a Israel Ibzan de Belén, \v 9 El tiña trinta fillos e trinta fillas, que casaron fóra e tomou de fóra trinta fillas para os seus fillos. E xulgou a Israel por sete anos.

1
12/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E morreu Ibzan, e foi sepultado en Belén. \v 11 Despois del xulgou a Israel Elón zabulonita; e xulgou a Israel dez anos. \v 12 E morreu Elón zabulonita, e foi sepultado en Axalón, na terra de Zabulón.

1
12/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Despois del xulgou a Israel Abdón, fillo de Hilel, piratonita. \v 14 El tiña corenta fillos e trinta netos que montaban en setenta asnos; e xulgou a Israel oito anos. \v 15 E morreu Abdón, fillo de Hilel piratoniota, e foi sepultado en Piratón, na terra de Efraín, no monte de Amalec.

1
13/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 13 \v 1 Os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh, e Iahveh entregounos no poder dos filisteos por corenta anos. \v 2 E había un home de Zora, da tribo de Dan, que se chamaba Manoa; e a súa muller era estéril, non tiña fillos.

1
13/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Pero o anxo de Iahveh aparecéuselle a esta muller e díxolle: -Velaquí, ti es estéril e non tiveches fillo; pero concebirás e darás a luz un fillo. \v 4 Agora pois, non bebas viño nin licor, nin comas cousa inmunda. \v 5 Porque velaí que concebirás e darás a luz un fillo, e ningún coitelo pasará sobre a súa cabeza, porque o neno será nazareo de Deus dende o seo da nai; e el comezará a salvar a Israel da man dos filisteos.

1
13/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E a muller foi e contoulle ao seu home, dicindo: -Veu a min un home de Deus, o seu parecer era moi terrible, coma o parecer dun anxo de Deus; e non lle preguntei de onde era, nin el me dixo o seu nome. \v 7 Só me dixo: -Velaí que concebirás e darás a luz un fillo; agora pois, non bebas viño nin licor, nin comas cousa inmunda, porque o neno será nazareo de Deus desde o ventre ata o día da súa morte.

1
13/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Entón Manoa orou a Iahveh, dicindo: -Ai meu Señor, rógoche que o home de Deus que mandaches, veña outra vez a nós e nos ensine o que debemos facer co neno que ha nacer. \v 9 E Deus escoitou a voz de Manoa; e o anxo de Deus veu outra vez á muller mentres estaba ela no campo; pero o seu home Manoa non estaba con ela.

1
13/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Entón a muller correu axiña e comunicoullo ao seu home, e díxolle: -Mira, o home que veu a min o outro día, aparecéuseme. \v 11 E levantouse Manoa e seguiu á súa muller, e chegou ao home e díxolle: -Es ti o home que falou á muller? E el dixo: -Eu son.

1
13/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón Manoa dixo: -Cando se cumpran as túas palabras, cal será o xeito de vivir do rapaz, e que faremos con el? \v 13 Entón o anxo de Iahveh dixo a Manoa: -A muller ha gardarse de todas as cousas que lle dixen. \v 14 Non tomará nada que veña da vide; non beberá viño nin sidra, e non comerá cousa inmunda; gardará todo o que lle mandei.

1
13/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Entón Manoa dixo ao anxo de Iahveh: -Rógoche que nos deixes reterte aquí e que che preparemos un cabrito. \v 16 Pero o anxo de Iahveh díxolle a Manoa: -Aínda que me deteñas, non comerei do teu pan; pero se queres ofrecer un holocausto, ofreceo a Iahveh. Pois Manoa non sabía que era o anxo de Iahveh.

1
13/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Entón Manoa dixo ao anxo de Iahveh: -Cal é o teu nome, para que cando se cumpra a túa palabra, te honremos? \v 18 O anxo de Iahveh díxolle: -Por que preguntas o meu nome, que é admirable?

1
13/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Entón Manoa colleu un cabrito e unha ofrenda, e ofreceunos a Iahveh sobre a rocha; e o anxo fixo un milagre a vista de Manoa e da súa muller. \v 20 E aconteceu que cando a chama subía do altar cara o ceo, o anxo de Iahveh subiu no fogo do altar a vista de Manoa e a súa muller, e eles prostráronse en terra

1
13/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E o anxo de Iahveh non se apareceu máis a Manoa e á súa muller. Entón Manoa entendeu que era o anxo de Iahveh. \v 22 E Manoa dixo á súa muller: -Certamente morreremos porque vimos a Deus.

1
13/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 Pero a súa muller respondeulle: -Se Iahveh quixera matarnos, non aceptaría o holocausto e a ofrenda das nosas mans; nin nos amosaría todas estas cousas, nin agora nos faría saber isto.

1
13/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 24 Entón a muller deu a luz un fillo e chamouno Sansón. E o neno medrou, e Iahveh bendiciuno. \v 25 Entón o Espírito de Iahveh comezou a manifestarse nel no campamento de Dan, entre Zora e Estaol.

1
14/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 14 \v 1 Entón Sansón baixou a Timnat, e viu en Timnat unha muller de entre as fillas dos filisteos. \v 2 Subíu e díxollo a seu pai e á súa nai, dicindo: -Eu vin unha muller en Timnat de entre as fillas dos filisteos, e rógovos que ma tomedes por muller.

1
14/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Pero o seu pai e a súa nai dixéronlle: -Non hai muller entre as fillas dos teus irmáns, ou entre todo o meu pobo, para que vaias tomar muller dos filisteos incircuncisos? E Sansón dixo ao seu pai: -Tómame a ela por muller, porque ela é do meu agrado! \v 4 Pero o seu pai e a súa nai non sabían que isto viña de Iahveh, porque El procuraba unha oportunidade contra os filisteos; e por aquel tempo os filisteos dominaban sobre Israel.