Wed Apr 17 2024 19:42:19 GMT+0200 (hora de verano de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-04-17 19:42:19 +02:00
parent 7517ba1c0a
commit 295cdb2a7f
17 changed files with 17 additions and 0 deletions

1
11/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Pasado algún tempo, os fillos de Amón fixeron guerra a Israel. \v 5 E cando os fillos de Amón atacaron a Israel, os anciáns de Galaad foron na procura de Iefté á terra de Tob; \v 6 e dixéronlle a Iefté: -ven e sé o noso xefe para que loitemos contra os fillos de Amón.

1
11/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Pero Iefté dixo aos anciáns de Galaad: -Non fostes vós os que me odiastes e me botastes da casa do meu pai? Por que, pois, viñestes a min agora cando estades en apuros? \v 8 E os anciáns de Galaad dixéronlle a Iefté: -Por iso volvemos agora a ti, para que vaias con nós e loites contra os fillos de Amón, e sexas xefe de todos os habitantes de Galaad.

1
11/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 E Iefté dixo aos anciáns de Galaad: -Se me facedes volver para loitar contra os fillos de Amón, e Iahveh os entrega diante de min, serei eu o voso xefe? \v 10 E os anciáns de Galaad dixeron a Iefté: - Iahveh sexa testemuña entre nós, se non facemos conforme a túa palabra. \v 11 Entón Iefté veu cos anciáns de Galaad, e o pobo fíxoo xefe e caudillo sobre el; e Iefté falou todas as súas promesas diante de Iahveh en Mizpa.

1
11/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón Iefté mandou mensaxeiros ao rei dos amonitas, dicindo: -Que tes ti comigo, que viñeches a min para facer guerra contra a miña terra? \v 13 E o rei dos amonitas respondeu aos mensaxeiros de Iefté: -Porque Israel, cando subiu de Exipto, tomou a miña terra, dende o Arnon ata o Iaboc e ata o Xordán; agora, devolvédea en paz.

1
11/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Iefté mandou outra vez mensaxeiros ao rei dos amonitas, \v 15 e díxolle: -Así di Iefté: Israel non tomou a terra de Moab, nin a terra dos fillos de Amón. \v 16 Pois cando Israel subiu de Exipto, pasou polo deserto ata o mar Vermello, e chegou a Cades.

1
11/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Entón Israel mandou mensaxeiros ao rei de Edom, dicindo: -Rógoche que me deixes pasar pola túa terra; pero o rei de Edom non os escoitou. E mandou tamén ao rei de Moab, que tampouco quixo. E Israel ficou en Cades. \v 18 Entón seguiu polo deserto e rodeou a terra de Edom e a terra de Moab, e chegou polo lado oriental da terra de Moab; acampou alén do Arnón, pero non entrou no territorio de Moab, porque o Arnón é o territorio de Moab.

1
11/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Entón Israel mandou mensaxeiros a Sihón, rei dos amorreos, rei de Hesbón, dicindo: -Pídoche que me deixes pasar pola túa terra ata o meu lugar. \v 20 Pero Sihón non confiou en Israel para darlle paso polo seu territorio; e Sihón reuniu a todo o seu pobo, campou en Iahzaz, e loitou contra Israel.

1
11/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E Iahveh, Deus de Israel, entregou a Sihón e todo o seu pobo en man de Israel, e eles derrotáronos; e Israel tomou posesión de toda a terra dos amorreos que vivían naquela terra. \v 22 E apoderáronse de todo o territorio dos amorreos dende o Arnón ata Iaboc, e dende o deserto ata o Xordán.

1
11/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 E agora, o que Iahveh, Deus de Israel, despoxou dos amorreos diante do seu pobo Israel, ti pretendes apoderarte del? \v 24 O que o teu deus Quemos che concedeu, non o posuirás ti? Pois nós posuiremos todo o que Iahveh o noso Deus nos concedeu. \v 25 Ou es ti agora mellor que Balac, fillo de Zipor, rei de Moab? Tivo el algunha disputa con Israel, ou fixo guerra contra eles?

1
11/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 Cando Israel viviu en Hesbón e as súas aldeas, e en Aroer e as súas aldeas, e en tódalas cidades que están na rexión do Arnon, por trescentos anos, por que non as recuperastes neste tempo? \v 27 Agora ben, eu non pequei contra ti, pero ti fas mal comigo loitando contra min. Iahveh, o Xuíz, xulgue hoxe entre os fillos de Israel e os fillos de Amón. \v 28 Pero o rei dos fillos de Amón non deu atención ás palabras que Iefté lle mandara.

1
11/29.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 29 Entón o Espírito de Iahveh veu sobre Iefté; e pasou por Galaad e Manasés, e pasou a Mizpa de Galaad; e de Mizpa de Galaad pasou aos fillos de Amón. \v 30 E Iefté fixo un voto a Iahveh, dicindo: -Se realmente entregas os fillos de Amón na miña man, \v 31 entón, o que saia da porta da miña casa ao meu encontro cando volva vitorioso dos fillos de Amón, será de Iahveh, ou ofrecereino en holocausto.

1
11/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 Entón Iefté foi cara aos fillos de Amón para loitar contra eles, e Iahveh entregounos na súa man. \v 33 E venceunos dende Aroer ata chegar a Minit, vinte cidades e ata a veiga das viñas, con grande derrota. E os amonitas foron sometidos polos fillos de Israel.

1
11/34.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 34 E Iefté volveu a Mizpa, á súa casa; e velaí que a súa filla saíu ao seu encontro con pandeiros e bailes. E ela era a súa única filla; fóra dela non tiña nin fillo nin filla. \v 35 E sucedeu que cando a viu, rachou as súas roupas, e dixo: -Ai miña filla! En verdade aflixíchesme, e ti vés ser a causa da miña tristura; porque dixen palabra a Iahveh e non podo volver atrás.

1
11/36.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 36 Pero ela díxolle: -Meu pai, se abriches a boca a Iahveh, faime conforme o que saíu da túa boca, xa que Iahveh fixo vinganza sobre os teus inimigos, os fillos de Amón. \v 37 E díxolle a seu pai: -Permíteme isto: déixame por dous meses, para que vaia e baixe polos montes e chore a miña virxindade, eu e as miñas compañeiras.

1
11/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 E el dixo: -Vai. E deixouna por dous meses. E ela foi cos seus compañeiros, e chorou a súa virxinidade nos montes. \v 39 E pasados os dous meses volveu onda o seu pai, que cumpriu con ela o voto que fixera. E ela non coñecera home. \v 40 E chegou a ser costume en Israel: que cada ano as fillas de Israel ían a chorar á filla de Iefte galedita, catro días ao ano.

1
12/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 12 \v 1 Entón os homes de Efraín reuníronse e pasaron cara o norte, e dixéronlle a Iefté: -Por que fuches a loitar contra os fillos de Amón e non nos chamaches para que fora contigo? Nós queimaremos a túa casa contigo. \v 2 Pero Iefté díxolles: -Eu e o meu pobo estabamos en grande disputa cos fillos de Amón; e cando vos chamei, non me rescatastes da súa man.

1
12/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Vendo que non me defendestes, arrisquei a miña vida e pasei contra os fillos de Amón, e Iahveh entregounos na niña man. Por que, pois, subistes hoxe para loitar contra min? \v 4 Entón Iefté reuniu a tódolos homes de Galaad e loitou contra Efraín; e os homes de Galaad derrotaron a Efraín, porque eles dixeran: vós sodes fuxitivos de Efraín; vós, os de Galaad, estades no medio de Efraín e Manasés.