Mon Nov 18 2024 18:25:04 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-18 18:25:04 +01:00
parent a570d4d7c1
commit 2947bff997
17 changed files with 19 additions and 0 deletions

1
02/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 Os meus ollos consúmense polas bágoas, ferven as miñas tripas; o meu fel derrámase por terra, por mor da destrución da filla do meu pobo, cando nenos e lactantes desmaian nas rúas da cidade. \v 12 Preguntan ás súas nais: onde está o pan e o viño? Mentres xacen coma feridos nas prazas da cidade, mentres exhalan o seu espírito no regazo das súas nais.

1
02/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Como te hei asemellar? Con quen te hei igualar, filla de Xerusalém? Con que te compararei para consolarte, virxe filla de Sión? Porque grande coma o mar é a túa ruína. Quen poderá sandarte? \v 14 Os teus profetas tiveron para ti visións falsas e enganosas, e non manifestaron a túa iniquidade para que volveses da túa catividade, senón que te anunciaron oráculos falsos e enganosos.

1
02/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Baten palmas en contra de ti todos os que pasan polo camiño; asubían e menean as súas cabezas contra a filla de Xerusalém, dicindo: é esta a cidade da que dicían: a perfección da fermosura, a ledicia de toda a terra? \v 16 Abriron contra ti a súa boca todos os teus inimigos; asubían e rinchan os dentes, din: devorámola! Certamente este é o día que agardabamos! Conseguímolo e agora estamos a comprobalo!

1
02/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Iahveh fixo o que se propuxo, cumpriu a súa palabra que ordenara dende os tempos antigos; derrubou sen compaixón, fixo que se alegre o inimigo sobre ti, exaltou o poder dos teus adversarios.

1
02/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 O seu corazón clama ao Señor: Muro da filla de Sión! Corren as túas bágoas coma un río día e noite, non te deas repouso nin teñan repouso os teus ollos. \v 19 Érguete, dá voces na noite ao comezar as vixías; derrama como auga o teu corazón diante da presenza do Señor; levanta cara El as túas mans pola vida dos teus pequenos, desfalecidos pola fame nas esquinas de tódalas rúas.

1
02/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Mira Iahveh! Considera e observa a quen trataches así: cando as mulleres comeron aos seus fillos, aos pequenos aínda nos seus brazos? Cando foron asasinados sacerdotes e profetas dentro do santuario do Señor?

1
02/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Xacen por terra nas rúas mozos e anciáns; as miñas virxes e os meus homes caeron a espada. Fixeches que morreran no día da túa ira, fixeches unha matanza sen te preocupar de nada. \v 22 Como en día de festa solemne convocaches os meus terrores de todas as partes; e non houbo no día da ira de Iahveh quen fuxira nin sobrevivira. Aqueles que criei e mantiven, o meu inimigo exterminounos.

1
03/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 3 \v 1 Eu son o home que viu a aflición baixo a vara do seu furor. \v 2 El levoume e fíxome camiñar en tebras e non en luz. \v 3 Certamente contra min volveuse e volveu a súa man todo o día. \v 4 Fixo que se consumiran a miña carne e a miña pel, quebrantou os meus ósos.

1
03/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Ergueuse contra min e rodeoume de amargura e tristura. \v 6 En lugares escurecidos fíxome morar, coma os que morreron hai tempo. \v 7 Cercoume e non podo saír, fixo pesadas as miñas cadeas. \v 8 Aínda cando clamo e pido axuda, El fecha o paso á miña oración.

1
03/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Pechou os meus camiños con pedras labradas, fixo tortos os meus vieiros. \v 10 El é para min coma oso ameazante, coma león agachado. \v 11 Desviou os meus camiños e esnaquizoume, deixoume desolado.

1
03/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entesou o seu arco e púxome como branco das frechas. \v 13 Fixo que penetraran nas miñas tripas as frechas da súa alxaba. \v 14 Cheguei a ser o escarnio de todo o meu pobo, a súa burla día tras día. \v 15 El encheume de amargura, embebedoume con xoio.

1
03/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Esmagou cos pedrizos os meus dentes, fixo que me revolvera no pó. \v 17 E a miña alma foi privada da paz, esquecín a felicidade. \v 18 E dixen: pereceu o meu vigor, e a miña confianza no Señor!

1
03/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Lémbrate da miña aflición e da miña miseria, do meu pranto e da miña amargura! \v 20 Heino ter sempre na miña memoria, e a túa alma gardará loito por min. \v 21 Isto traio ao meu corazón, por isto teño unha esperanza nova:

1
03/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 As misericordias do Señor nunca rematan, pois as súas bondades nunca faltan; \v 23 son novas cada mañá; grande é a túa fidelidade! \v 24 Iahveh é a miña porción! di a miña alma, por iso agardo nel.

1
03/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 Iahveh é bo para os que o agardan, para a alma que o busca. \v 26 É bo agardar en silencio a salvación do Señor. \v 27 Bo é para o home levar o xugo na súa xuventude. \v 28 Que se sente só e garde silencio xa que El llo impuxo; \v 29 Que poña a súa boca no pó, por se aínda hai esperanza;

1
03/30.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 30 Que lle dea a meixela ao que o fere; que se farte de aldraxes. \v 31 Porque o Señor non rexeita para sempre. \v 32 Aínda que El aflixe, tamén se compadecerá segundo a súa grande misericordia. \v 33 Porque El non castiga por pracer, nin se comprace aflixindo aos fillos dos homes.

3
03/34.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,3 @@
\v 34 Esmagar debaixo dos pés a tódolos presos dun país,
\v 35 privar do dereito a unha persoa na presenza do Altísimo,
\v 36 enganar a un home no seu litixio: estas cousas non as aproba o Señor!