Thu Nov 21 2024 12:41:34 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-21 12:41:34 +01:00
parent 675140e7f7
commit c39b670995
10 changed files with 10 additions and 0 deletions

1
19/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Porque me abandonaron, fixeron estraño este lugar e ofreceron sacrificios nel a outros deuses, que nin eles, nin os seus pais, nin os reis de Xudá coñeceran, e encheron este lugar de sangue de inocentes, \v 5 e edificaron os lugares altos de Baal para queimaren os seus fillos no lume como holocaustos a Baal, cousa que Eu nunca ordenei nin dixen, nin se me pasou pola mente.

1
19/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Polo tanto, velaí, veñen días - di Iahveh - cando este lugar non se chamará máis Tofet nin val de Ben-Hinom, senón val da Matanza. \v 7 E farei nulo o consello de Xudá e de Xerusalém neste lugar, e fareinos caer á espada diante dos seus inimigos e nas mans dos que buscan a súa vida, e entregarei os seus cadáveres por comida ás aves do ceo e ás bestas da terra. \v 8 Tamén converterei esta cidade en motivo de desolación e burla; todo o que pase por ela quedará atónito e silbará por mor de toda a súa destrución. \v 9 E fareilles comer a carne dos seus propios fillos e a carne das súas propias fillas, e comerán cada un a carne do seu próximo durante o asedio e a aflición coa que os seus inimigos e os que buscan a súa vida os aflixirán.

1
19/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Entón has escachizar o vaso á vista dos homes que te acompañan, \v 11 e diraslles: así di Iahveh dos exércitos: de igual maneira quebrarei Eu a este pobo e a esta cidade, como quen quebra un vaso de oleiro, que non se pode reparar máis; e enterraranos en Tofet ata que no haxa máis lugar onde enterrar.

1
19/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Así farei con este lugar e cos seus habitantes - di Iahveh ata que esta cidade sexa coma Tofet. \v 13 E as casas de Xerusalém e as casas dos reis de Xudá serán coma o lugar de Tofet, contaminadas por mor de tódalas casas nas que nas súas terrazas ofreceron sacrificios a todo o exército do ceo e derramaron libacións a outros deuses.

1
19/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 E volveu Xeremías de Tofet, onde Iahveh o mandara profetizar, e poñéndose en pé no atrio da casa de Iahveh, dixo a todo o pobo: \v 15 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaí, vou traer sobre esta cidade e sobre tódalas súas aldeas todos os males que anunciei contra ela, porque endureceron a súa cerviz para non escoitar as miñas palabras."

1
20/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 20 \v 1 Cando o sacerdote Pasur, fillo de Imer, que era o oficial principal na casa de Iahveh, escoitou a Xeremías profetizar estas cousas, \v 2 fixo azoutar ao profeta Xeremías e púxoo no cepo que estaba na porta superior de Benxamín, que levaba á casa de Iahveh.

1
20/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Ao día seguinte, cando Pasur soltou a Xeremías do cepo, Xeremías díxolle: -Non é Pasur o nome polo que Iahveh te chama agora, senón Magor-misabib. \v 4 Porque así di Iahveh: "Velaí, voute converter en terror para ti mesmo e para todos os teus amigos; eles caerán pola espada dos teus inimigos, e os teus ollos verano. Entregarei a todo Xudá en mans do rei de Babilonia, e el levaraos coma desterrados a Babilonia e mataraos á espada.

1
20/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Tamén entregarei toda a riqueza desta cidade, todos os seus produtos e os bens, e tódolos tesouros dos reis de Xudá, en mans dos seus inimigos, que os saquearán, e os levarán a Babilonia. \v 6 E ti, Pasur, e todos os moradores da túa casa, iredes ao cativerio e entrarás en Babilonia; alí morrerás e alí serás sepultado, ti e todos os teus amigos a quen profetizaches mentiras.

1
20/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Seducíchesme, Oi Iahveh, e eu deixeime seducir; fuches máis forte ca min e prevaleciches. Cada día son obxecto de escarnio, todos se burlan de min. \v 8 Porque cada vez que falo, que berro ou proclamo: violencia e destrución! A palabra de Iahveh ven ser para min aldraxe e burla cada día. \v 9 Pero se digo: non me lembrarei del nin falarei máis no seu nome, sinto dentro de min un lume abrasador encerrado nos meus ósos, que fago esforzos para contelo, pero non son quen.

1
20/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 20