Thu Nov 21 2024 12:39:34 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
ba31fc326b
commit
675140e7f7
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 21 Así di Iahveh: -Gardádevos moi ben de levar cargas no día de repouso, e de metelas polas portas de Xerusalém. \v 22 Tampouco saquedes cargas das vosas casas no día de repouso, nin fagades traballo algún, senón santificade o día de repouso, como mandei aos vosos pais. \v 23 Con todo, eles non escoitaron nin inclinaron os seus ouvidos, senón que endureceron a súa cerviz para non escoitar nin recibir corrección.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 24 Pero acontecerá que se me escoitades con atención - di Iahveh - non metendo carga polas portas desta cidade no día de repouso, senón que santificades o día de repouso, sen facer nel ningún traballo, \v 25 entón entrarán polas portas desta cidade reis e príncipes que sentan sobre o trono de David; virán montados en carros e cabalos, eles e os seus príncipes, os homes de Xudá e os habitantes de Xerusalém; e esta cidade será habitada para sempre.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 26 Virán das cidades de Xudá e dos arredores de Xerusalém, da terra de Benxamín, da terra baixa, da rexión montañosa e do Neguev, traendo holocaustos, sacrificios, ofrendas de gran e incenso, e traendo sacrificios de gratitude á casa de Iahveh. \v 27 Pero se non me escoitades no tocante ao de santificar o día de repouso, e traedes cargas e entrades polas portas de Xerusalém no día de repouso, entón Eu prenderei lume ás súas portas que consumirá os palacios de Xerusalém, e non se apagará.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 18 \v 1 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: \v 2 -Érguete e baixa á casa do oleiro, e alí farei que escoites as miñas palabras. \v 3 Entón baixei á casa do oleiro, e velaquí, el estaba alí facendo unha obra no torno. \v 4 E o vaso de barro que estaba a facer botouse a perder na man do oleiro; así que volveu facer del outro vaso, segundo lle pareceu mellor ao oleiro facelo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 5 Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 6 -Non podo Eu facer convosco, casa de Israel, o mesmo que fai este oleiro? -di Iahveh- velaí, como o barro nas mans do oleiro, así sodes vós na miña man, casa de Israel. \v 7 Se nun intre Eu podo falar contra unha nación ou contra un reino, para arrincarlo, derrubalo ou destruílo; \v 8 pero se esa nación contra a que Eu falei se volve da súa maldade, entón desistirei do mal que pensaba traer sobre ela.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 9 E se noutrora falo a unha nación ou un reino, para edificalo e plantalo; \v 10 e fai o malo aos meus ollos, non obedecendo a miña voz, entón Eu desistirei do ben con que o prometera bendicir.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 Agora pois, fala aos homes de Xudá e aos habitantes de Xerusalém, dicindo: -Así di Iahveh: velaí, estou preparando unha calamidade contra vós e maquinando un plan contra vós. Volvédevos, pois, cada un do seu mal camiño e endereitade os vosos camiños e as vosas obras. \v 12 Mais eles dirán: é en balde; porque seguiremos os nosos propios plans, e cada un de nós actuará conforme a dureza do seu malvado corazón.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 13 Por tanto, así di Iahveh: "Preguntade agora entre as nacións: quen escoitou cousa semellante? Cousa terrible fixo a virxe de Israel. \v 14 Faltará a neve do Líbano dos cumes dos montes? Ou esgotaranse as augas frías que flúen das terras de lonxe?
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 15 Pois ben, o meu pobo esqueceume, queiman incenso a deuses vans, e fanos tropezar nos seus camiños, os vieiros antigos, para andaren por carreiros, non achanzados, \v 16 convertendo a súa terra nunha desolación e nunha burla perpetua. Todo o que pase por ela quedará atónito e abaneará a súa cabeza. \v 17 Dispersareinos diante do inimigo coma vento soán; amosareilles as costas e non a cara no día da súa calamidade.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 18 Entón eles dixeron: -Vinde a preparar plans contra Xeremías! Certamente a lei non lle faltará ao sacerdote, nin o consello ao sabio, nin a palabra ao profeta. Vinde e ataquémolo con calumnias, e non fagamos caso a ningunha das súas palabras! \v 19 Aténdeme, Iahveh, e escoita o que din os que contenden contra min! \v 20 Págase mal por ben? Pois cavaron unha fosa para a miña alma. Lembra como me puxen diante de ti para falar ben en favor deles, para afastar deles a tua ira.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 21 Agora entrega os seus fillos á fame, e abandónaos ao poder da espada; queden as súas mulleres viúvas e sen fillos, morran da peste os seus maridos, e os seus mozos feridos á espada. \v 22 Que se escoiten os berros dende as súas casas, cando de súpeto traias sobre eles aos saqueadores; porque cavaron unha fosa para me atrapar, e agocharon trapelas aos meus pés. \v 23 Pero ti, Iahveh, coñeces todos os seus plans de morte contra min! Non perdoes a súa iniquidade nin borres da túa vista o seu pecado, e sexan derrubados diante de ti. Trata con eles no tempo da túa ira.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
Capítulo 18
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 19 \v 1 Así dixo Iahveh: -Vai e compra un vaso de barro do oleiro, e toma contigo a algúns dos anciáns do pobo e dos anciáns dos sacerdotes; \v 2 e sae ao val de Ben-hinom, que está na entrada da porta do oleiro, e proclama alí as palabras que Eu che direi. \v 3 Dirás: escoitade a palabra de Iahveh, reis de Xudá e habitantes de Xerusalém! Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: velaí, traerei tal calamidade sobre este lugar, que a todo o que escoite dela se lle meterá nos ouvidos.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
Capítulo 19
|
Loading…
Reference in New Issue