Thu Nov 21 2024 12:43:34 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-21 12:43:34 +01:00
parent c39b670995
commit b8bab9b27a
17 changed files with 17 additions and 0 deletions

1
20/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Porque sentín a moitos rumoreando: terror por todas partes! Denunciádeo, denunciémolo! Todos os meus amigos de confianza, agardan a miña caída; din: poida que sexa enganado; entón prevaleceremos contra el e tomaremos del a nosa vinganza. \v 11 Pero Iahveh está comigo coma xigante poderoso; por tanto, os meus perseguidores tropezarán e non prevalecerán contra min. Quedarán confundidos polo seu fracaso, a súa vergoña será eterna e endexamais será esquecida.

1
20/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Oi Iahveh dos exércitos, que probas o xusto, e examinas os pensamentos e o corazón! Fai que vexa a túa vinganza sobre eles, pois a ti encomendei a miña causa. \v 13 Cantade a Iahveh, louvade a Iahveh, porque rescatou a alma do pobre das mans dos malvados.

1
20/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Maldito o día no que nacín! O día no que miña nai me deu a luz, non sexa bendito! \v 15 Maldito o home que deu a nova ao meu pai, dicindo: -Naceuche un fillo! Facéndoo moi feliz.

1
20/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Que sexa ese home coma as cidades que Iahveh destruíu sen piedade; E escoite berros de mañá e clamores de alarma ao mediodía, \v 17 porque non me fixo morrer no ventre para que a miña nai fose a miña sepultura, e o seu ventre embarazado para sempre. \v 18 Para que saín do ventre para ver dor e aflición, e que os meus días rematen en vergoña?

1
21/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 21 \v 1 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh cando o rei Sedequías o mandou a Pasur, fillo de Malquías, e ao sacerdote Sofonías, fillo de Maasías, dicindo: \v 2 "Consulta agora da nosa parte a Iahveh, porque Nabucodonosor, rei de Babilonia, fai a guerra contra nós; poida que Iahveh faga con nós conforme todas as súas marabillas, para que o inimigo se retire de nós."

1
21/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Entón Xeremías díxolles: -Así lle diredes a Sedequías: \v 4 -Así di Iahveh, Deus de Israel: "Velaí, Eu farei volver as armas de guerra que tedes nas vosas mans, coas que loitades contra o rei de Babilonia e contra os caldeos que vos sitian fóra dos muros. A eles hei de reunilos no medio desta cidade. \v 5 E Eu mesmo pelexarei contra vós con man estendida e brazo poderoso, cheo de ira, furor e grande anoxo.

1
21/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Ferirei os habitantes desta cidade, ben sexan persoas ou animais, que morrerán de gran pestilencia. \v 7 E despois disto -di Iahveh- entregarei a Sedequías, rei de Xudá, e aos seus servos, e ao pobo e aos que sobrevivan nesta cidade da pestilencia, da espada e da fame, nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, nas mans dos seus inimigos e nas mans dos que buscan as súas vidas; e el feriraos a espada. Non os perdoará nin lles terá piedade nin compaixón.

1
21/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E dirás a este pobo: así di Iahveh: velaí que poño diante de vós o camiño da vida e o camiño da morte. \v 9 O que quede nesta cidade morrerá á espada, de fame e de pestilencia; pero o que saia e se entregue aos caldeos que vos asedian, vivirá, e terá a súa propia vida por botín. \v 10 Porque puxen o meu rostro contra esta cidade para mal, e non para ben, di Iahveh: será entregada en mans do rei de Babilonia, que a queimará con lume.

1
21/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 E dixen á casa do rei de Xudá: -Escoitade a palabra de Iahveh: \v 12 Casa de David, así di Iahveh: -Ide pronto a facer xustiza e librade o despoxado das mans do seu opresor, non sexa que a miña indignación saia coma lume, e arda de modo que non haxa quen o apague, por mor da maldade dos vosos feitos.

1
21/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Velaí, Eu estou contra ti, moradora do val, rocha da chaira! di Iahveh; vós que dicides: quen descenderá contra nós? Quen entrará nas nosas moradas? \v 14 Eu castigareivos conforme o froito das vosas obras, di Iahveh, e prenderei lume ao seu bosque que consumirá todo ao seu arredor.

1
21/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 21

1
22/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 22 \v 1 Así di Iahveh: Baixa á casa do rei de Xudá e fala alí esta palabra, \v 2 e di: "Escoita a palabra de Iahveh, rei de Xudá, que sentas no trono de David, ti, os teus servos e o teu pobo, os que entran por estas portas. \v 3 Así di Iahveh: "Practicade o que é recto e a xustiza, liberade o despoxado das mans do seu opresor. Non maltratedes nin fagades violencia ao estranxeiro, ao orfo nin á viúva, nin derramedes sangue inocente neste lugar.

1
22/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Porque se en verdade observades este mandamento, entón entrarán reis polas portas desta casa, e sentarán no lugar de David, no seu trono; entrarán montados en carros e cabalos, eles, os seus servos e o seu pobo. \v 5 Pero se non obedecedes estas palabras, xuro por min mesmo, di Iahveh, que esta casa virá ser unha desolación.

1
22/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Porque así di Iahveh sobre a casa do rei de Xudá: Ti es para min coma o bosque de Galaad, coma o cumio do Líbano; pero certamente convertereite en deserto, coma unha cidade deshabitada. \v 7 Designarei contra ti destrutores, cada un coas súas armas, e cortarán os teus cedros máis selectos e botaranos no lume.

1
22/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Pasarán moitas nacións xunto a esta cidade, e dirán cada un ao seu próximo: por que fixo así Iahveh a esta gran cidade? \v 9 Entón responderán: porque abandonaron o pacto de Iahveh o seu Deus, e prostráronse diante doutros deuses e servíronos.

1
22/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Non choredes polo morto nin vos lamentedes por el, chorade amargamente polo que se vai, porque xamais volverá nin endexamais verá a súa terra natal.

1
22/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 22