Thu Nov 21 2024 13:29:35 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
c5afc5b8a8
commit
a18a22b3e5
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 20 Escoitade, pois, a palabra de Iahveh, vós todos os exiliados, a quen expulsei de Xerusalém á Babilonia! \v 21 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel, sobre Acab, fillo de Colías, e sobre Sedequías, fillo de Maasías, que vos profetizan mentira no meu nome: velaí, entregareinos en mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e el haos matar diante dos vosos ollos.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 22 E eles serán a orixe desta maldición que se escoitará entre todos os exiliados de Xudá que están en Babilonia, dicindo: que Iahveh te faga coma a Sedequías e coma a Acab, a quen o rei de Babilonia asou ao lume! \v 23 Porque actuaron insensatamente en Israel, cometeron adulterio coas mulleres do seu próximo e falaron no meu nome palabras falsas que non lles mandei. Seino e dou testemuña, di Iahveh .
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 24 E a Semías o nehelamita falarás, dicindo: \v 25 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Porque mandaches cartas no teu nome a todo o pobo que está en Xerusalém, e ao sacerdote Sofonías, fillo de Maasías, e a tódolos sacerdotes, dicindo a Sofonías: \v 26 Iahveh púxote por sacerdote en lugar do sacerdote Ioiadá, para estar a cargo na casa de Iahveh de todo o que se desmande e que profetice, a fin de que o poñas na cadea e no cepo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 27 Entón, por que non reprendiches a Xeremías de Anatot que vos profetiza? \v 28 Porque el mandounos mensaxe a Babilonia, dicindo: "O cativerio será longo; edificade casas e habitádeas, plantade hortas e comede do seu froito." \v 29 E Sofonías o sacerdote leu esta carta a ouvidos do profeta Xeremías,
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 30 e a palabra de Iahveh veu a Xeremías, dicindo: \v 31 "Manda mensaxe a tódolos exiliados, dicindo: así di Iahveh sobre Semaías o nehelamita: porque Semaías vos profetizou sen que Eu o mandara, e vos fixo confiar nunha mentira, \v 32 por tanto, así di Iahveh: "Velaí, vou castigar a Semaías o nehelamita e a súa descendencia; non terá a ninguén que habite no medio deste pobo, nin verá o ben que vou facer ao meu pobo, di Iahveh, porque predicou rebelión contra Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\c 30 \v 1 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: \v 2 Así di Iahveh, Deus de Israel: -Escribe nun libro tódalas palabras que che falei. \v 3 Porque, velaí, veñen días, di Iahveh, cando restaurarei o benestar do meu pobo, Israel e Xudá. Tamén os farei volver á terra que dei aos seus pais, e han disfrutala.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 4 Estas son as palabras que Iahveh falou sobre Israel e Xudá: \v 5 Así di Iahveh: "Oín voces de terror, de pánico, e non de paz!
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 6 Preguntade agora, e vede se dá a luz o varón. Entón por que vexo a tódolos homes coas mans sobre os seus lombos, coma muller de parto e os seus rostros pálidos e cheos de medo? \v 7 Ai! Porque grande é aquel día, non hai outro semellante a el; é tempo de anguria para Xacob, pero dela será librado.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 8 Acontecerá naquel día - di Iahveh dos exércitos - que quebrarei o xugo do seu pescozo e racharei os cabestros, e os estranxeiros non volverán a sometelos a escravitude, \v 9 senón que servirán a Iahveh o seu Deus, e a David o seu rei, a quen Eu levantarei para eles.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 10 Así que ti non temas, o meu servo Xacob - di Iahveh - non teñas temor, Israel; porque velaí, salvareite de lugar remoto, e á túa descendencia da terra da súa catividade. E Xacob volverá, e estará acougado e seguro, e non haberá quen o espante. \v 11 Porque Eu estou contigo - di Iahveh - para salvarte; pois rematarei con tódalas nacións entre as que te dispersei, pero a ti non te hei destruír, senón que te castigarei con xustiza; de ningunha maneira te deixarei sen castigo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 12 Porque así di Iahveh: "Incurable é o teu quebranto, e grave a túa ferida. \v 13 Non hai quen defenda a túa causa; para a túa chaga hai cura, dolorosa é a túa ferida.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 14 Todos os teus amantes esquecéronse de ti e xa non te buscan; porque feríronte coa ferida do inimigo, co castigo do inimigo cruel, polo grande que é a túa iniquidade e o numerosos que son os teus pecados. \v 15 Por que te laias por mor da túa ferida? A túa dor é incurable. Pola grandeza da túa iniquidade e o grande número dos teus pecados, fixenches isto.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 16 Por tanto, todos os que te devoran serán devorados, e todos os teus adversarios, todos eles, irán ao cativerio; todos os que te saqueen serán saqueados, e todos os que te despoxen serán despoxados. \v 17 Porque Eu restaurarei a túa saúde, e sandareite das túas feridas - di Iahveh - porque te chamaron repudiada, dicindo: esta é Sión, ninguén se preocupa por ela!
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 18 Así di Iahveh: "Velaí, restaurarei o benestar das tendas de Xacob, e terei misericordia das súas moradas; a cidade será reedificada sobre as súas ruínas, e o pazo será asentado onde lle pertence. \v 19 Sairá deles cantiga de agradecemento e a voz dos que se divirten; multiplicareinos e non diminuirán, honrareinos e non serán menosprezados.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
\v 20 E serán os seus fillos coma antes, a súa congregación diante de min será confirmada, e Eu castigarei a todos os seus opresores. \v 21 Dela sairá un príncipe, dela sairá o seu xefe, e Eu atraereino ata min. Quen, de non ser así, tería valor para arriscarse a achegarse a min? Di Iahveh. \v 22 E vós seredes o meu pobo, e Eu serei o voso Deus.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
||||||
|
Capítulo 30
|
Loading…
Reference in New Issue