Thu Nov 21 2024 13:27:35 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-21 13:27:35 +01:00
parent 9291307887
commit c5afc5b8a8
13 changed files with 13 additions and 0 deletions

1
28/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Os profetas que foron antes de min e antes de ti dende a antigüidade, profetizaron guerra, calamidade e pestilencia contra moitas terras e contra grandes reinos. \v 9 Se un profeta profetiza paz, cando se cumpra a palabra do profeta, entón ese profeta será coñecido como aquel a quen Iahveh en verdade mandou.

1
28/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Entón o profeta Ananías quitou o xugo do pescozo do profeta Xeremías e partiuno. \v 11 E Ananías falou en presenza de todo o pobo, dicindo: -Así di Iahveh: deste xeito quebrarei o xugo de Nabucodonosor, rei de Babilonia, dentro de dous anos, do pescozo de tódalas nacións. E o profeta Xeremías foise polo seu camiño.

1
28/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón veu a Xeremías a palabra de Iahveh, despois de que Ananías quebrara o xugo do pescozo do profeta Xeremías, dicindo: \v 13 Vai e fala a Hananías, e dille: -Así di Iahveh: quebraches xugos de madeira, pero no seu lugar farás xugos de ferro! \v 14 Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Puxen xugo de ferro sobre o pescozo de tódalas nacións, para que sirvan a Nabucodonosor, rei de Babilonia, e elas han servilo. E deille tamén as bestas do campo."

1
28/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 E o profeta Xeremías dixo ao profeta Hananías: -Escoita agora, Hananías, Iahveh non te mandou, e ti fixeches que este pobo confíe nunha mentira. \v 16 Por tanto, así di Iahveh: "Velaí, voute quitar de sobre a face da terra. Este ano morrerás, porque aconsellaches a rebelión contra Iahveh." \v 17 E morreu o profeta Hananías ese mesmo ano, no sétimo mes.

1
29/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 29 \v 1 Estas son as palabras da carta que o profeta Xeremías mandou dende Xerusalém ao resto dos anciáns do deserto, aos sacerdotes, aos profetas e a todo o pobo que Nabucodonosor levara deportados de Xerusalém á Babilonia. \v 2 (Isto aconteceu despois de saír de Xerusalém o rei Ieconías e a raíña nai, os oficiais do tribunal, os príncipes de Xudá e de Xerusalém, os artesáns e os ferreiros). \v 3 A carta foi enviada pola man de Elasa, fillo de Safán, e por Iemarías, fillo de Hilcias, a quen Sedequías, rei de Xudá, mandou a Babilonia, a Nabucodonosor, rei de Babilonia, dicindo:

1
29/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel, a todos os exiliados que mandei ao desterro de Xerusalém á Babilonia: \v 5 Edificade casas e habitádeas, plantade hortas e comede do seu froito.

1
29/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Tomade mulleres e enxendrade fillos e fillas, tomade mulleres para os vosos fillos e dádelles as vosas fillas a maridos para que dean a luz fillos e fillas, e multiplicádevos alí e non diminuades. \v 7 E buscade o benestar da cidade onde vos desterrei, e rogade a Iahveh por ela; porque no seu benestar teredes ben.

1
29/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Non vos enganen os vosos profetas que están no medio de vós, nin os vosos adiviños, nin escoitedes os soños que soñan. \v 9 Porque profetízanvos falsamente no meu nome; Eu non os mandei, di Iahveh.

1
29/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Pois así di Iahveh: "Cando se lle cumpran en Babilonia setenta anos, Eu heivos visitar e cumprirei a miña boa palabra de facervos volver a este lugar. \v 11 Porque Eu sei os plans que teño para vós - di Iahveh - plans de paz e non de calamidade, para darvos un futuro e unha esperanza.

1
29/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Invocarédesme, e viredes a rogarme, e Eu escoitareivos. \v 13 Buscarédesme e atoparédesme, cando me busquedes con todo o corazón. \v 14 Si, deixareime atopar por vós - di Iahveh - e restaurarei o voso benestar e reunireivos de tódalas nacións e de tódolos lugares onde vos expulsei e traereivos de novo ao lugar de onde vos mandei ao deserto, di Iahveh.

1
29/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Por canto dixestes: "Iahveh levantounos profetas en Babilonia," \v 16 (pois así di Iahveh sobre o rei que senta sobre o trono de David, e sobre todo o pobo que vive nesta cidade, os vosos irmáns que non foron con vós ao deserto), \v 17 así di Iahveh dos exércitos: "Velaquí, Eu mando contra eles a espada, a fame e a pestilencia, e poñereinos coma figos malos que de apodrentos non se poden comer.

1
29/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Perseguireinos coa espada, coa fame e coa pestilencia, e fareinos motivo de espanto para todos os reinos da terra, para que sexan maldición, terror, burla e aldraxe entre tódalas nacións onde os arroxei, \v 19 porque non escoitaron as miñas palabras que lles mandei repetidamente por medio dos meus servos os profetas; pero non escoitastes - di Iahveh.

1
29/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 29