Thu Nov 21 2024 11:25:27 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
5b7b2b4979
commit
8b39a6b043
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 E ti, non rogues por este pobo, nin levantes por eles clamor nin oración, nin intercedas diante de min, porque non te hei escoitar. \v 17 Non ves o que fan nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém? \v 18 Os fillos recolleen a madeira, os pais acenden o lume, as mulleres preparan a masa para facer tortas á raíña do ceo, e derraman libacións a outros deuses para me ofender.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 19 Deste xeito queren provocar a miña ira? -di Iahveh- Acaso non actúan así para a súa propia vergoña? \v 20 Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaí, a miña ira e a miña indignación serán derramados sobre este lugar, sobre as persoas e sobre os animais, sobre as árbores do campo e sobre o froito da terra. Arderá e non se apagará.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 21 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: - Xuntade os vosos holocaustos aos vosos sacrificios e comede a carne! \v 22 Porque Eu non falei aos vosos pais, nin lles mandei nada en canto aos holocaustos e sacrificios o día que os liberei da terra de Exipto. \v 23 Senón que isto é o que lles mandei, dicindo: -Escoitade a miña voz e Eu serei o voso Deus e vós seredes o meu pobo, e andaredes en todo camiño que Eu vos mande para que vos vaia ben.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 24 Mais eles non escoitaron nin inclinaron o seu ouvido, senón que camiñaron nas súas propias deliberacións e na dureza do seu malvado corazón, e foron cara atrás e non cara adiante. \v 25 Dende o día que os vosos pais saíron da terra de Exipto ata hoxe, mandeivos a tódolos meus servos os profetas, madrugando cada día para mandárvolos. \v 26 Pero non me escoitaron nin inclinaron o seu ouvido, senón que endureceron o seu pescozo e fixeron peor que os seus pais.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 27 Diraslles, pois, todas estas palabras, mais eles non te escoitarán; chamaralos, e non che responderán. \v 28 Entón diraslles: esta é a nación que non escoita a voz de Iahveh o seu Deus, nin acepta corrección! A verdade pereceu e foi desterrada da súa boca."
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 29 Corta as túas guedellas e tira con elas, e berra de loito nas alturas desoladas! Porque Iahveh rexeitou e abandonou a xeración obxecto da súa ira. \v 30 Porque os fillos de Xudá fixeron o que é malo aos meus ollos - di Iahveh - puxeron os seus ídolos abominables na casa que é chamada polo meu nome, profanándoa.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 31 E edificaron os lugares altos de Tofet, que está no val de Ben-Hinom, para queimar os seus fillos e as súas fillas no lume, o que Eu non mandei, nin se me pasou pola mente. \v 32 Por tanto, velaí veñen días - di Iahveh - cando non se dirá máis Tofet, nin val de Ben-Hinom, senón o val da Matanza; porque enterrarán en Tofet por non ter máis lugar.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 33 E os cadáveres deste pobo servirán de comida ás aves do ceo e ás bestas da terra, sen que ninguén as espante. \v 34 Entón farei cesar das cidades de Xudá e das rúas de Xerusalém a voz do gozo e a voz da ledicia, a voz do noivo e a voz da noiva; porque a terra quedará desolada.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 8 \v 1 Naquel tempo - di Iahveh - sacarán das súas tumbas os ósos dos reis de Xudá, os ósos dos seus príncipes, os ósos dos sacerdotes, os ósos dos profetas e os ósos dos habitantes de Xerusalém; \v 2 e dispersaranos ao sol, á lúa e a todo o exército do ceo, a quen aman e renden culto, e a quen seguen e consultan, e diante de quen adoran. Non serán recollidos nin sepultados; serán coma esterco sobre a face da terra. \v 3 E o remanente que quede de toda esa familia perversa, escollerá morrer antes que vivir, en todos os lugares onde Eu terei arroxado aos que queden, di Iahveh dos exércitos.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 4 E diraslles: -Así di Iahveh: os que caen non se levantan? O que se desvía, non se arrepinte? \v 5 Por que entón este pobo, Xerusalém, se desviou en continua apostasía? Agarráronse ao engano e rexeitan volver!
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Estiven atento e escoitei, falaron o que non é recto; ninguén se arrepinte da súa maldade, dicindo: que fixen? Cada un volve á súa carreira, coma cabalo desbocado na batalla. \v 7 Aínda a cegoña no ceo coñece as súas estacións, e a rula, a anduriña e a grúa gardan o tempo das súas migracións; pero o meu pobo non coñece a xustiza de Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 8 Como podedes dicir: somos sabios, a lei de Iahveh está con nós? Cando velaquí, a pluma mentireira do escriba converteuna en mentira. \v 9 Os sabios foron avergoñados, están abatidos e enredados; velaí, eles rexeitaron a palabra de Iahveh, pois, que clase de sabedoría poderá haber neles? \v 10 Por tanto, darei as súas mulleres a outros, e os seus campos a novos donos; porque dende o menor ata o maior todos eles cobizan ganancias deshonestas; dende o profeta ata o sacerdote todos practican o engano.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 E pretenden curar de calquera maneira a ferida do meu pobo, diciendo: Paz! Paz! Cando non hai paz. \v 12 Avergoñáronse da abominación que cometeron? Certamente non se avergoñaron, nin souberon avergoñarse; por tanto caerán entre os que caen, na hora do seu castigo serán derrubados." Di Iahveh. \v 13 Certamente destruireinos - di Iahveh - non haberá uvas na vide, nin figos na figueira; ata as follas murcharán; o que lles dei, pasará deles.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Que facemos aquí sentados? Congreguémonos, e entremos nas cidades fortalecidas, e morramos alí, pois Iahveh o noso Deus déixanos morrer, deunos a beber auga envelenada, porque pecamos contra Iahveh. \v 15 Agardabamos paz, e non houbo ben ningún; tempo de curación, e chegou o terror.
|
|
@ -0,0 +1,2 @@
|
|||
\v 16 Dende Dan oíuse o murmurio dos seus cabalos; ao estrondo do relincho dos seus corceles treme toda a terra; veñen e devoran a terra e todo canto hai nela, a cidade e os que habitan nela.
|
||||
\v 17 Porque velaí, Eu mando contra vós serpes velenosas, contra as que non hai encantamento, e morderanvos mortalmente -di Iahveh-.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
Capítulo 8
|
Loading…
Reference in New Issue