Thu Nov 21 2024 11:23:27 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-21 11:23:27 +01:00
parent 0e4dccbf0a
commit 5b7b2b4979
15 changed files with 15 additions and 0 deletions

1
06/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Porque así di Iahveh dos exércitos: -Cortade as súas árbores, e poñede sitio contra Xerusalém. Esta é a cidade que ha ser castigada, todo dentro dela é opresión! \v 7 Como un pozo mantén frescas as súas augas, así ela mantén fresca a súa maldade. Nela oíuse violencia e destrución; diante de min están continuamente as súas enfermidades e as súas feridas. \v 8 Corríxete, Oi Xerusalém! Non sexa que a miña alma se afaste de ti; non sexa que Eu te converta en desolación, en terra despoboada!

1
06/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Así di Iahveh dos exércitos: "Búscarán, rebuscarán como nunha vide o remanente de Israel; volve pasar a túa man como o vendimador polas ramas! \v 10 A quen falarei e avisarei, para que escoiten? Velaí, os seus ouvidos están pechados, e non poden escoitar. Velaí, a palabra de Iahveh é para eles aldraxe; non se deleitan nela.

1
06/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 Pero eu estou cheo da ira de Iahveh, estou canso de refrenarme. Derramádea sobre os nenos na rúa, e sobre a reunión dos mozos; porque serán apresados tanto o home como a muller, o vello e o cheo de días. \v 12 E as súas casas serán entregadas a outros, xuntamente cos seus campos e as súas mulleres; porque estenderei a miña man contra os habitantes desta terra, di Iahveh.

1
06/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Porque dende o menor ata o maior, todos eles cobizan ganancias, e dende o profeta ata o sacerdote, todos practican o engano. \v 14 E curan dun xeito leve a ferida do meu pobo, dicindo: Paz, paz! Cando non hai paz. \v 15 Avergoñáronse da abominación que cometeron? Non! De certo que non se avergoñaron, nin aínda souberon ruborizarse; polo tanto caerán entre os que caen; na hora que os castige serán derrubados - di Iahveh.

1
06/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Así di Iahveh: "Parade no medio dos camiños e mirade, e preguntade polos vieiros antiguos, cal é o bo camiño, e camiñade nel; e atoparedes descanso para as vosas almas. Pero dixeron: non camiñaremos nel! \v 17 E puxen atalaias sobre vós, que dixeron: -Escoitade o son da trompeta. Pero dixeron: -Non escoitaremos! \v 18 Polo tanto, escoitade, nacións, e entendede, congregación, o que Eu farei entre eles! \v 19 "Escoita, terra: velaí que Eu traio unha calamidade sobre este pobo, o froito dos seus plans, porque non escoitaron as miñas palabras, e rexeitaron a miña lei."

1
06/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Para que vén a min este incenso de Sabá, e a doce cana dunha terra de lonxe? Os vosos holocaustos non son aceptables, e os vosos sacrificios non me agradan. \v 21 Por tanto, así di Iahveh: "Velaí, poño pedras de tropezo diante deste pobo, e tropezarán nelas pais e fillos a unha; e tamén o veciño e o seu próximo perecerán. \v 22 Así di Iahveh: "Velaí, vén un pobo das terras do norte, e unha gran nación se levantará dos confíns da terra.

1
06/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 Empurran arco e xavelina, son crueis, non teñen misericordia; as súas voces braman coma o mar, e montan a cabalo coma homes dispostos para a guerra contra ti, filla de Sión. \v 24 Ouvimos da súa fama e fraquecen as nosas mans! A angustia apoderouse de nós e dor coma de muller de parto!

1
06/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 Non saiades ao campo, nin andedes polo camiño; porque alí está a espada do inimigo, e hai terror por todas partes. \v 26 Filla do meu pobo, cínguete de pano de saco e revólvete en cinza! Láiate como por fillo único, lamento de gran amargura, porque de súpeto o destrutor virá sobre nós.

1
06/27.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 27 Púxente como observador e como examinador entre o meu pobo, para que coñezas e examines a súa conduta. \v 28 Todos eles son rebeldes obstinados que andan propagando calumnias. Son coma bronce e ferro de mala calidade. \v 29 O forno sopra con furor, o chumbo é consumido polo lume, mais en balde refina o refinador, pois a escoria non se vai. \v 30 Chámanlles prata de desperdicio, porque Iahveh rexeitounos.

1
07/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 7 \v 1 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: \v 2 -Párate na porta da casa de Iahveh, proclama alí esta palabra, e di: escoitade a palabra de Iahveh, todos os de Xudá, os que entrades por estas portas para adorar a Iahveh.

1
07/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Emendade os vosos camiños e as vosas obras, e fareivos morar neste lugar! \v 4 Non confiedes en palabras enganosas, dicindo: este é o templo de Iahveh, o templo de Iahveh, o templo de Iahveh é este!

1
07/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Porque se en verdade emendades os vosos camiños e as vosas obras, se en verdade facedes xustiza entre cada persoa e o seu próximo, \v 6 e non oprimides o estranxeiro, o orfo e a viúva, nin vertedes sangue inocente neste lugar, nin andades tras doutros deuses para a vosa propia ruína, \v 7 entón fareivos morar neste lugar, na terra que dei aos vosos pais para sempre.

1
07/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Velaí, vós confiades en palabras mentireiras que non aproveitan, \v 9 para roubar, matar, cometer adulterio, xurar falsamente, ofrecer sacrificios a Baal e andar tras doutros deuses que non coñeciades. \v 10 Viredes despois e poñerédesvos diante de min nesta casa, que é chamada polo meu nome, e diredes: xa estamos a salvo; para seguirdes facendo todas estas abominacións? \v 11 Volveuse esta casa, que é chamada polo meu nome, en cova de ladróns diante dos vosos ollos? Velaquí, Eu mesmo o vin, di Iahveh.

1
07/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Agora pois, ide ao meu lugar en Silo, onde ao principio fixen morar o meu nome, e vede o que fixen con el por mor da maldade do meu pobo Israel. \v 13 E agora, porque fixestes todas estas obras - di Iahveh - e a pesar de que vos falei dende cedo unha e outra vez e non escoitastes; chameivos, pero non respondestes, \v 14 farei coa casa que é chamada polo meu nome, na que confiades, e co lugar que vos dei a vós e aos vosos pais, como fixen con Silo. \v 15 E botareivos da miña presenza, como botei a todos os vosos irmáns, a toda a descendencia de Efraín.

1
07/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 7