Tue Nov 19 2024 14:32:40 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
8d0a9de69e
commit
a3209e1391
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 22 Os comerciantes de Sheba e de Raama eran tamén os teus comerciantes; viñan ás túas feiras co mellor bálsamo, e con toda clase de pedras preciosas, e ouro. \v 23 Harán, Cane, Edén e os comerciantes de Sheba, de Asiria e de Quilmad negociaban contigo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 24 Traficaban contigo con tecidos finos, mantos de azul e bordados, e caixas de roupas preciosas, enredadas con cordóns e ben aseguradas; en todo isto traficaban contigo. \v 25 As naves de Tarsis eran coma largas caravanas que levaban as túas mercadorías, e así chegaches a ser opulenta e te multiplicaches grandemente no corazón dos mares.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 26 Os teus remeiros conducíante entre as moitas augas, ata que o vento do leste quebrantoute no medio dos mares, \v 27 coas túas riquezas, as túas mercadorías e os teus bens, cos teus remeiros, os teus capitáns, e os que tapan as túa xuntas, con todos os oficiais dos teus negocios, e todos os teus homes de guerra. E toda aquela xente que estaba contigo e que caeu no medio dos mares no día da túa destrución.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 28 Ao berro estrondoso dos teus mariñeiros, as costas tremeron. \v 29 E todos os que empuñaban os remos, e os mariñeiros e os patróns do mar, todos saltaron das súas naves para quedar en terra. \v 30 Farei que se escoiten a súas voces chorando amargamente por ti, e espallarán po sobre as súas cabezas, e envorcaranse en cinza.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 31 Por ti raparanse o cabelo da súa cabeza, cinguiranse de cilicio, e laiaranse por ti con amargos lamentos, con amargura da alma. \v 32 E levantarán sobre ti cantos fúnebres, e lamentarán por ti, dicindo: quen é coma Tiro, fortificada no medio do mar? \v 33 Cando as túas mercadorías saían dos barcos, saciabas a moitos pobos; enriqueciches aos reis da terra coa multitude das túas riquezas e do teu comercio.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 34 Agora, quebrantada polo mar, na profundidade das augas, coas túas mercancías e toda a tripulación caída no medio de ti, \v 35 Todos os habitantes das costas quedarán abraiados pola túa causa, e os seus reis tremerán de terror; e os seus rostros quedarán abatidos. \v 36 Os comerciantes de entre os pobos asubiarán cheos de asombro, e virás ser un espanto, e para sempre deixarás de ser.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 28 \v 1 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 2 Fillo de home, di ao príncipe de Tiro: así di Iahveh o Señor: porque o teu corazón enorgulleceuse, e dixeches: Eu son deus, no trono de Deus estou sentado no corazón dos mares. Mais ti es un home e non Deus, aínda que puxeches o teu corazón coma o corazón de Deus, \v 3 velaí, ti es máis sabio que Daniel e non hai segredo que che sexa oculto!
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 4 Pola túa habilidade e a túa intelixencia acumulaches riquezas, e adquiriches ouro e prata para os teus tesouros. \v 5 Polo teu coñecemento multiplicaches as túas riquezas nas túas contratacións, e por mor da túa riqueza o teu corazón envaideceu.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Por tanto, así di Iahveh Deus: Porque puxeches o teu corazón coma o corazón de Deus, \v 7 Velaí, Eu traio sobre ti estranxeiros, os poderosos das nacións, que desvaiñarán as súas espadas contra a fermosura da túa intelixencia e mancharán o teu esplendor.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 8 Farante baixar ao sepulcro, e morrerás coa morte dos que morren no corazón dos mares. \v 9 Has porfiar dicindo: Eu son Deus na presenza de quen te quita a vida? Ti es un home e non un deus, na man do teu asasino! \v 10 Morrerás da morte dos incircuncisos por man dos estranxeiros; porque Eu falei, di Iahveh o Señor.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 12 Fillo de home, entoa lamentacións sobre o rei de Tiro, e dille: -Isto di Iahveh o Señor: Ti eras o selo da perfección, cheo de sabedoría e rematado en fermosura! \v 13 Estiveches en Edén, no xardin de Deus; de toda pedra preciosa era a túa roupa: de cornalina, topacio, augamariña, crisólito, berilo e ónix; de zafiro, rubí, esmeralda e ouro. Pandeiros e frautas de primeira foron preparados para ti no día en que fuches creado.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Ti, querubín unxido, Eu púxente no monte santo de Deus; alí estabas; andabas no medio das pedras de fogo. \v 15 Ti fuches perfecto en todos os teus camiños dende o día que fuches creado, ata que se atopou en ti a maldade.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 Por mor da multitude dos teus negocios enchícheste de iniquiddade e pecaches; polo tanto, Eu degradeite do monte de Deus, e lanceite de entre as pedras de fogo, querubín gardián! \v 17 O teu corazón enalteceuse por mor da túa fermosura, e corrompiches a túa sabedoría por mor do teu esplendor. Eu votareite por terra e poreite díante de reis para que te vexan coma un espectáculo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 18 Pola multitude das túas maldades e pola iniquidade dos teus tratos profanaches o teu santuario; de maneira que Eu fago saír lume do medio de ti que te ha consumir e convertereite en cinza sobre a terra a vista de todos os que te miran. \v 19 Todos os que te coñeceron entre os pobos marabillaranse de ti; chegarás a ser o seu espanto, e para sempre deixarás de existir.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 20 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 21 -Fillo de home, pon a túa faciana cara Sidón e profetiza contra ela; \v 22 e dirás: así di Iahveh o Señor: velaí, estou contra ti, Sidón, e serei glorificado no medio de ti; e coñecerán que Eu son Iahveh, cando faga xuízos sobre ela, e me santifique nela!
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 23 E mandarei sobre ela a peste e o sangue ás súas rúas, e as vítimas caerán mortas no medio dela, por mor da espada hostil que vén de todos os cantos, e saberán que Eu son Iahveh. \v 24 E a casa de Israel nunca máis terá unha silveira lacerante, nin espiño que a atormente, no medio de todos os que a rodean e a desprezan; e saberán que Eu son Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 25 Así di Iahveh o Señor: "Cando Eu teña recollida a casa de Israel de entre os pobos entre os que está dispersada, e me teña santificado neles á vista das nacións; entón habitarán na súa terra que dei ao meu servo Xacob. \v 26 E confiadamente habitarán nela, e edificarán casas e plantarán viñas, e vivirán con seguridade cando Eu xulgue a todos aqueles que os despoxaban arredor; e saberán que Eu, Iahveh, son o seu Deus.
|
Loading…
Reference in New Issue