Tue Nov 19 2024 14:30:40 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
50ab85458b
commit
8d0a9de69e
|
@ -1,3 +1 @@
|
|||
\v 12 Roubaranche a túa riqueza e saquearán os teus bens, arrasarán os teus muros e destruirán as túas casas máis fermosas, e botarán as túas pedras, a túa madeira e ata o teu po no medio das augas.
|
||||
\v 13 E farei cesar o balbordo das túas cantigas, e o son das túas cítaras non se ha sentir máis.
|
||||
\v 14 E poreite coma unha pedra lisa e serás un tendederio de redes, e nunca máis serás edificada, porque Eu Iahveh falei, di Iahveh o Señor.
|
||||
\v 12 Roubaranche a túa riqueza e saquearán os teus bens, arrasarán os teus muros e destruirán as túas casas máis fermosas, e botarán as túas pedras, a túa madeira e ata o teu po no medio das augas. \v 13 E farei cesar o balbordo das túas cantigas, e o son das túas cítaras non se ha sentir máis. \v 14 E poreite coma unha pedra lisa e serás un tendederio de redes, e nunca máis serás edificada, porque Eu Iahveh falei, di Iahveh o Señor.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 15 Así di Iahveh o Señor a Tiro: Non se han estremecer as illas díante do murmurio da túa caída, cando se lamenten os feridos, e se degolen as túas víctimas no medio de ti? \v 16 Entón todos os príncipes do mar baixarán dos seus tronos, e quitarán os seus mantos e despoxaranse das súas vestimentas bordadas; vestiranse de terror e, sentados sobre o chan, han se estremecer consternados, abraiados pola túa causa.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 17 E levantarán sobre ti lamentación, e dirán de ti: como pereceu a cidade louvada! Poboada por xente de mar. Poderosa no mar, ela xunto cos seus moradores, arrasaban con medo a cantos a rodeaban. \v 18 Agora, as illas tremen no día da túa caída; e as illas que están no mar estarán abraiadas pola túa fin.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 19 Porque así di Iahveh o Señor: "Farei de ti unha cidade desolada coma as cidades que xa están desertas, farei que o mar suba sobre ti e as moitas augas te cubran. \v 20 Heite afundir cos que baixan ao sepulcro, xentes de tempos remotos, e poreite nas profundidades da terra coma nas ruínas da atigüidade, cos que baixan ao sepulcro, para que nunca máis sexas habitada; pero Eu darei gloria á terra dos vivos. \v 21 Convertereite nun terror, e deixarás de ser. Serás buscada, pero nunca máis serás atopada, di Iahveh o Señor.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 27 \v 1 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 2 Ti, fillo de home, levanta lamentación sobre Tiro. \v 3 E dirás a Tiro, que está situada á beira do mar, a que negocia cos pobos de moitas costas: así di Iahveh o Señor: Tiro, ti dixeches: eu son perfecta en fermosura.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 4 Os teus confíns están no corazón dos mares; os teus armadores completaron a túa beleza. \v 5 Con cipreses do monte Senir fabricáronche todo o teu casco; escolleron cedros do Libán para facerche o mastro.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Dos carballos de Basán fixeron os teus remos, a túa cuberta con madeira de buxo das costas de Quitim, con incrustes de marfil. \v 7 De liño fino bordado de Exipto era a túa vela para que te servise de estandarte; de azul e púrpura das costas de Elisa era o teu pavillón.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 8 Os habitantes de Sidón e de Arvad foron os teus remeiros; os expertos, Tiro, estaban en ti; eles eran os teus patróns. \v 9 Os anciáns de Gebal e os seus obreiros máis hábiles taparon as túas xuntas. Tódolos navíos e os seus mariñeiros traficaban contigo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 10 Os persas, os de Lud e os de Fut servían no teu exército, como guerreiros teus; penduraron en ti escudos e cascos, eles déronche o teu esplendor. \v 11 Os fillos de Arvad e Ielec defendían os muros ao teu arredor, e os de Gamadim estaban nos teus baluartes, e penduraron os seus escudos arredor dos teus muros completando a túa fermosura.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 12 Tarsis negociaba contigo pola abundancia de tódalas túas riquezas; con prata, ferro, estaño e chumbo traficaba nas túas feiras. \v 13 Iaván, Tubal e Mesec traficaban contigo, con escravos e con utensilios de bronce traficaban nas túas feiras.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Os da casa de Togarmá cambiaban as túas mercadorías por cabalos, corceis e mulas. \v 15 Os fillos de Dedan traficaban contigo, e moitas costas levaban mercadorías da túa man, e tributábanche colmillos de marfil e madeiras de ébano.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 Edom traficaba contigo porque tiñas productos dabondo; con perlas, púrpura, vestidos bordados, liño fino, corais e rubís viña ás túas feiras. \v 17 Tamén Xudá e a terra de Israel traficaban contigo; dábanche polas túas mercadorías o trigo de Minit e de Panag, e o mel, o aceite e a resina. \v 18 Damasco traficaba contigo pola abundancia dos teus produtos e pola abundancia de toda riqueza; negociaban contigo con viño de Helbón e a máis branca lá.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 19 Dan e o errante Iaván viñan ás túas feiras para comerciar na túa praza con ferro labrado, mirra destilada e cana aromática. \v 20 Dedan comerciaba contigo coas mantas de montar. \v 21 Aínda Arabia e tódolos príncipes de Cedar traficaban contigo con años, carneiros e castróns; estes eran os teus comerciantes.
|
Loading…
Reference in New Issue