gl_rev_text_reg/18/01.txt

1 line
512 B
Plaintext

\c 18 \v 1 Despois destas cousas vin a outro anxo descender do ceo, que tiña gran poder, e a terra foi iluminada co seu resplandor. \v 2 E clamou con potente voz, dicindo: caeu, caeu a gran Babiblonia, e converteuse en morada de demos, en gorida de todo espírito inmundo e en gorida de toda ave inmunda e noxenta. \v 3 Porque tódalas nacións beberon do viño velenoso da súa fornicación, e os reis da terra cometeron actos inmorais con ela, e os comerciantes da terra enriqueceron co poder da súa luxuria.