gl_rev_text_reg/04/01.txt

1 line
467 B
Plaintext

\c 4 \v 1 Logo disto mirei, e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz que escoitara, coma son de trompeta que falaba comigo, dicía: Sobe aquí e amosareiche o que debe suceder despois disto. \v 2 Ao momento estiven en espírito, e velaí un trono posto no ceo, e no trono, un sentado. \v 3 E o que estaba sentado semellaba no seu parecer a unha pedra de xaspe e de cornalina, e había un arco iris arredor do trono, semellante no seu parecer a unha esmeralda.