gl_rev_text_reg/06/07.txt

1 line
314 B
Plaintext

\v 7 Cando abriu o cuarto selo, oín a voz do cuarto ser vivinte que dicía: sae! \v 8 E mirei, velaí un cabalo pálido; e o que o montaba chamábase Morte; e o Hades seguía tras del; e foille dada autoridade sobre a cuarta parte da terra para matar con espada, con fame, con pestilencia, e polas feras da terra.