gl_rev_text_reg/01/14.txt

1 line
401 B
Plaintext

\v 14 A súa cabeza e os seus cabelos eran brancos como a branca lá, coma neve; os seus ollos eran como chamas de lume; \v 15 os seus pés semellantes ao bronce lustrado, refinado no forno, e a súa voz coma o murmurio de moitas augas. \v 16 Na súa man dereita tiña sete estrelas, e da súa boca saía unha espada aguda de dous gumes; o seu rostro era coma o sol cando reloce con toda a súa forza.