gl_rev_text_reg/01/09.txt

1 line
427 B
Plaintext

\v 9 Eu, Xoan, voso irmán e partícipe con vós na tribulación, no reino e na constancia en Xesús, atopábame na illa de Patmos, por mor da palabra de Deus e do testemuño de Xesús. \v 10 Estando no espírito no día do Señor, oín tras de min unha grande voz, como de trompeta, \v 11 que dicía: escribe nun libro o que ves, e envíao ás sete igrexas: a Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardis, Filadelfia e Laodicea.