\v 11 E tiña a gloria de Deus, de tal xeito que o seu resplandor era coma a máis preciosa das pedras, unha pedra de xaspe transparente coma o cristal. \v 12 Tiña un muro alto e grande que ten doce portas, e enriba das portas doce anxos e uns nomes escritos que son as doce tribos dos fillos de Israel. \v 13 Tres portas polo Nacente tres portas polo Norte, outras tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente.