\v 8 A besta que viches, era e non é, e está a piques de subir do abismo para ir cara a destrución. E os habitantes da terra, os que os seus nomes non se escribiron no libro da vida dende a fundación do mundo, quedarán abraiados ao vela besta que era e non é, e estará presente.