Sat May 07 2022 09:49:13 GMT+0200 (hora de verano de Europa central)

This commit is contained in:
Jaime Fernandez Garrido 2022-05-07 09:49:13 +02:00
commit 6ff240a216
109 changed files with 217 additions and 2 deletions

View File

@ -1 +1 @@
\c 1 \v 1 Revelación de Xesús Cristo, que Deus lle deu para manifestar aos seus servos o que debe suceder en breve, e declarouna enviándoa por medio do seu anxo ao seu servo Xoan, \v 2 quen deu testemuña da palabra de Deus, e da testemuña de Xesús Cristo, e de todo o que viu. \v 3 Ditoso o que le e os que oen as verbas da profecía e gardan as cousas que nela están escritas, porque o tempo está próximo.
\c 1 \v 1 Revelación de Xesús Cristo, que Deus lle deu para manifestar aos seus servos o que debe suceder axiña, e declarouna enviándoa por medio do seu anxo ao seu servo Xoan, \v 2 quen deu testemuña da palabra de Deus, e da testemuña de Xesús Cristo, e de todo o que viu. \v 3 Feliz o que le e os que oen as verbas da profecía e gardan as cousas que nela están escritas, porque o tempo está próximo.

1
01/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Xoan, ás sete igrexas que están en Asia: graza a vós e paz, de quen é e que era e quen virá, e dos sete Espíritos que están diante do seu trono, \v 5 e de Xesús Cristo, a testemuña fiel, o primoxénito dos mortos e o soberano dos reis da terra. Ao que nos ama e nos fixo libres dos nosos pecados co seu sangue, \v 6 e fixo de nós un reino e sacerdotes para o seu Deus e Pai, a El sexa a gloria e a soberanía polos séculos. Amén.

1
01/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Velaí ven coas nubes, e vaino ver todo ollo, e tamén os que o traspasaron; e tódalas tribos da terra farán lamentación por El; sí. Amén. \v 8 Eu son o Alfa e a Omega, di o Señor Deus, o que é e que foi e que está vindo, o Todopoderoso.

1
01/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Eu, Xoan, voso irmán e partícipe con vós na tribulación, no reino e na constancia en Xesús, atopábame na illa de Patmos, por mor da palabra de Deus e do testemuño de Xesús. \v 10 Estando no espírito no día do Señor, oín tras de min unha grande voz, como de trompeta, \v 11 que dicía: escribe nun libro o que ves, e envíao ás sete igrexas: a Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardis, Filadelfia e Laodicea.

1
01/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E vireime para ver de quen era a voz que estaba a falar comigo. E ó virarme, vin sete candeeiros de ouro; \v 13 e no medio dos candeeiros, vin a un semellante ao Fillo do Home, vestido cunha túnica que lle chegaba aos pés e cinguido polo peito cun cinto de ouro.

1
01/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 A súa cabeza e os seus cabelos eran brancos como a branca lá, coma neve; os seus ollos eran como chamas de lume; \v 15 os seus pés semellantes ao bronce lustrado, refinado no forno, e a súa voz coma o murmurio de moitas augas. \v 16 Na súa man dereita tiña sete estrelas, e da súa boca saía unha espada aguda de dous gumes; o seu rostro era coma o sol cando reloce con toda a súa forza.

1
01/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Cando o vin, caín como morto aos pés del. E El puxo a súa man dereita sobre min, dicindo: Non temas, eu son o primeiro e o derradeiro, \v 18 e o que vive, e estiven morto; velaquí, estou vivo polos séculos dos séculos, e teño as chaves da morte e do Hades.

1
01/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Escribe as cousas que viches, e as que son, e as que sucederán despois de éstas. \v 20 No tocante ao misterio das sete estrelas que viches na miña man dereita e dos sete candeeiros de ouro: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas, e os sete candeeiros son as sete igrexas.

1
02/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 2 \v 1 Escribe ao anxo da igrexa en Éfeso: o que ten as sete estrelas na súa man dereita, o que anda entre os sete candeeiros de ouro, di esto: \v 2 Sei das túas obras, o teu cansanzo e a túa perseveranza, e que non podes aturar aos malos, e puxeches a proba aos que se chaman apóstolos e non son tal, e topáchelos mentireiros.

1
02/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Tes perseveranza, e aturaches por mor do meu nome e non desfaleceches. \v 4 Mais teño esto na túa contra: que deixachelo teu primeiro amor. \v 5 Lembra, pois, de onde foi que caíches e arrepíntete, e fai as obras que fixeches ao principio; se non virei a ti e quitarei o teu candeeiro do seu sitio, a non ser que te arrepintas.

1
02/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Por outra banda tes isto, que aborreces as obras dos nicolaítas, obras que eu tamén aborrezo. \v 7 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille a comer da árbore da vida, que está no paraíso de Deus.

1
02/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Escribe ao anxo da igrexa en Esmirna: O primeiro e o derradeiro, o que estivo morto e voltou á vida, di isto: \v 9 Eu sei do teu padecemento e a túa pobreza (mais es rico), e a blasfemia dos que se din ser xudeus e non son tal, senón sinagoga de Satanás.

1
02/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Non temas o que estás por sufrir. Velaí o diaño botará a algún de vós na cadea para serdes probados, e teredes padecemento por dez días. Sé fiel ata a morte, e Eu dareiche a coroa da vida. \v 11 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. O vencedor non sufrirá dano da morte segunda.

1
02/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Escribe ao anxo da igrexa en Pérgamo: O que ten a espada aguda de dous gumes, di isto: \v 13 Eu sei onde moras, onde está o trono de Satanás. Gardas fielmente o meu nome e non negaches a miña fe, aínda nos días de Antipas, miña testemuña fiel, que foi morto entre vós, onde mora Satanás.

1
02/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Pero teño na túa contra unhas poucas cousas, porque tes aí aos que manteñen a doutrina de Balaam, que ensinaba a Balac a poñer atranco ante os fillos de Israel, a comer cousas sacrificadas aos ídolos e a fornicar.\f (inmoralidade sexual, practicar idolatría)\f* \v 15 Mesmo tes tamén algúns que sosteñen a doutrina dos nicolaítas.

1
02/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Polo tanto, arrepíntete; se non, virei a ti axiña e pelexarei contra eles coa espada da miña boca. \v 17 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille do maná agochado e dareille unha pedriña (lasca) branca, e gravado na pedriña un novo nome, que ninguén coñece senón o que o recibe.

1
02/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Escribe ao anxo da igrexa en Tiatira: o Fillo de Deus, que ten ollos como chamas de lume, e os seus pés son semellantes ao bronce lustrado, di isto: \v 19 Eu sei das túas obras, o teu amor, a túa fe, o teu servizo e a túa perseveranza, e que as túas recentes obras son maiores que as primeiras.

1
02/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Pero esto na túa contra: que admites a esa muller Xezabel, que se di ser profetisa, e ensina e seduce aos meus servos a que cometan actos inmorais e coman das cousas sacrificadas aos ídolos. \v 21 Deille tempo para arrepentirse, e non quere arrepentirse da súa inmoralidade.

1
02/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 Velaí a boto na cama, e en gran padecemento aos que adulteran con ela, a non ser que se arrepintan das obras dela. \v 23 E aos seus fillos matarei con mala morte, e todas as igrexas coñecerán que Eu son o que escudriño os riles \f(o máis profundo, a mente)\* e os corazóns, e dareivos conforme cadansúas obras.

1
02/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 24 Pero a vós, aos demáis que están en Tiatira, aos que non teñen esta doutrina, que non ceñeceron as cousas profundas de Satanás, como lles chaman eles, dígovos: non vos impoño outra carga. \v 25 Así e todo, o que tendes, retédeo ata que eu veña.

1
02/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 E ao vencedor, ao que garda as miñas obras ata a fin, dareille autoridade sobre as nacións; \v 27 e ha pastorear con vara de ferro, coma os vasos do oleiro son feitos anacos, como eu tamén recibín do meu Pai; \v 28 e dareille a estrela da mañá. \v 29 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.

1
02/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 2

1
03/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 3 \v 1 Escribe ao anxo da igrexa en Sardis: O que ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas, di isto: sei das túas obras, que tes nome de que vives, pero estás morto. \v 2 Sé vixiante e afirma as outras cousas, que estaban a piques de morrer, porque hacho que as túas obras non son perfectas diante do meu Deus.

1
03/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Lémbrate, entón, do que recibiches e oíches; e gárdao e arrepíntete. Pois se non vixías, virei coma ladrón, e non saberás a que hora chegarei sobre ti. \v 4 Pero tes uns poucos en Sardis que non ensuciaron as súas vestiduras, e andarán comigo de branco, porque son dignos.

1
03/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 O que venza deste xeito vestirase con vestiduras brancas e non borrarei o seu nome do libro da vida, e confesarei o seu nome diante do meu Pai e diante dos seus anxos. \v 6 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.

1
03/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Escribe ao anxo da igrexa en Filadelfia: o Santo, o Verdadeiro, o que ten a chave de David, o que abre e ninguén fecha, e fecha e ninguén abre, di isto: \v 8 Es sei das túas obras. Velaí puxen unha porta aberta diante de ti que ninguén pode fechar, porque anque tes pouco poder, gardaches a miña palabra e non negaches o meu nome.

1
03/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Mira, entrego a algúns da sinagoga de Satanás, dos que din ser xudeus e non son tal, senón que minten; eu farei que veñan e fagan reverencia aos teus pés, e saiban que te amei. \v 10 Porque gardaches a palabra da miña paciencia. Tamén eu te hei gardar da hora da proba que está a piques de vir sobre o mundo enteiro, para probar aos que vivan na terra. \v 11 Veño decontado! Retén firme o que tes, para que ninguén bote man da túa coroa.

1
03/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Ao vencedor fareino columna do santuario do meu Deus, e endexamais sairá de alí; escribirei sobre el o nome do meu Deus, e o nome da cidade do meu Deus: a nova Xerusalem que descende do ceo, e o meu novo nome. \v 13 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.

1
03/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Escribe ao anxo da igrexa en Laodicea: \v 15 o Amén, a Testemuña Fiel e verdadeira, o Principio da creación de Deus, di isto: Eu sei das túas obras, que nen es frío nen quente. Ai se foras frío ou quente! \v 16 Por canto es morno, e non frío nen quente, heite vomitar da miña boca.

1
03/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Porque dis: son rico, enriquecín e non teño necesidade algunha! e non sabes que es un miserable, digno de compaixón, e pobre, cego e nu, \v 18 aconsélloche que merques de min ouro refinado no lume para que sexas rico, e vestiduras brancas para te cubrir, e non apareza a vergoña de verte espido, e colirio para unxir os teus ollos, para que vexas.

1
03/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Eu reprendo e disciplino a todos os que amo; sé, pois, fervoroso e arrepíntete. \v 20 Mira, Eu estou chamando na porta; se algún escoita a miña voz e abre a porta, entrarei a el, e cearei con el e el comigo.

1
03/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Ao vencedor, concedereille sentar comigo no meu trono, como Eu tamén vencín e sentei co meu Pai no seu trono. \v 22 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.

1
03/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 3

1
04/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 4 \v 1 Logo disto mirei, e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz que escoitara, coma son de trompeta que falaba comigo, dicía: Sobe aquí e amosareiche o que debe suceder despois disto. \v 2 Ao momento estiven en espírito, e velaí un trono posto no ceo, e no trono, un sentado. \v 3 E o que estaba sentado semellaba no seu parecer a unha pedra de xaspe e de cornalina, e había un arco iris arredor do trono, semellante no seu parecer a unha esmeralda.

1
04/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Arredor do trono había vintecatro tronos, e sentados nos tronos, vintecatro anciáns vestidos de vestiduras brancas, e sobre as súas cabezas, coroas de ouro. \v 5 Do trono saen lóstregos, voces e relampos; e diante do trono arden sete lámpadas de lume, que son os sete espíritos de Deus.

1
04/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Diante do trono hai coma un mar de vidro, semellante ao cristal; e no medio do trono, arredor do trono, catro seres vivintes, cheos de ollos por diante e por detrás.

1
04/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 O primerio ser vivinte semellaba un león; o segundo ser vivinte semellaba un becerro; o terceiro ser vivinte tiña semblante coma de home, e o cuarto ser vivinte semellaba unha aguia voando. \v 8 Os catro seres vivintes, cada un deles con seis ás, estaban cheos de ollos arredor e por dentro, e non paraban día e noite dicindo: Santo, Santo, Santo é o Señor Deus Todopoderoso, o que era, e que é, e o que está vindo!

1
04/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 E cando os seres vivintes den gloria e honor ao que está sentado no trono, ao que vive polos séculos dos séculos, \v 10 os vintecatro anciáns postraranse diante do que está sentado no trono, e adorarán ao que vive polos séculos dos séculos, e botarán as súas coroas diante do trono, dicindo: \v 11 Digno es, Señor noso Deus, de recibir a gloria, o honor e o poder, porque ti creaches tódalas cousas, e pola túa vontade existiron e foron creadas!

1
04/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 4

1
05/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 5 \v 1 E vin na man dereita do que estaba sentado no trono un pergamiño escrito por dentro e por fóra, pechado con sete selos. \v 2 E vin a un anxo forte que pregoaba a grande voz: quen é digno de abrir o pergamiño e desatar os seus selos?

1
05/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E ninguén, nen no ceo nen na terra nen baixo da terra, podía abrir o pergamiño, nen de miralo. \v 4 E choraba eu moito, porque non se hachou ninguén digno de abrir o pergamiño, nen de miralo. \v 5 Entón dime un dos anciáns: non chores; mira, o León da tribo de Xudá, a Raíz de David, venceu para abrir o libro e os seus sete selos!

1
05/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E vin no medio do trono e dos catro seres vivintes, e no medio dos anciáns, un Año en pé, como sacrificado, que tiña sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus enviados por toda a terra. \v 7 E veu e tomou o libro da man dereita do que estaba sentado no trono.

1
05/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E cando tomou o pergamiño, os catro seres vivintes e os vintecatro anciáns caeron rendidos diante do Año; con cadansúa cítara e tazóns de ouro cheos de incensos que son as oracións dos santos.

1
05/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 E cantan un novo canto, dicindo: digno é de tomar o pergamiño e de abrir os seus selos, porque ti foches sacrificado, e co teu sangue redimiches para Deus procedentes de toda tribo, lingua, pobo e nación. \v 10 E fixeches deles un reino de sacerdotes para o noso Deus, e reinarán sobre a terra!

1
05/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 E mirando, oín a voz de moitos anxos arredor do trono, e dos seres vivintes e dos anciáns; e o número deles era unha multitude de milleiros e milleiros, \v 12 que dicían a grande voz: Digno é o Año que foi inmolado, de tomar o poder, e a riqueza, e a sabedoría, e a forza e o honor, e a gloria e o loubor!

1
05/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 E a toda cousa creada que está no ceo, sobre a terra, baixo da terra e no mar, e a tódalas cousas que hai neles, oín dicir: ao que está sentado sobre o trono e ao Año sexa o louvor, e a honra e a gloria e o dominio por tólolos séculos. \v 14 E os catro seres vivintes dicían: amén! E os anciáns axeonlláronse e adoraron.

1
05/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 5

1
06/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 6 \v 1 E vin cando o Año abriu un dos sete selos, e oín a un dos catro seres vivintes que dicía, coma con voz de trono: sae! \v 2 Mirei e velaí un cabalo branco; e o que o montaba tiña un arco, e foille dada unha coroa, e saiu vencendo e para vencer.

1
06/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Cando abriu o segundo selo, oín ao segundo ser vivinte que dicía: sae! \v 4 Entón saiu outro cabalo vermello coma o fogo, e ao que o montaba foille dado, quitar a paz da terra, e que se mataran os uns aos outros; e foille dada unha espada grande.

1
06/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Cando abriu o terceiro selo, oín ao terceiro ser vivinte que dicía: sae! E mirei, velaí, un cabalo negro, e o que o montaba tiña unha balanza na man. \v 6 E oín coma unha voz no medio dos catro seres vivintes que dicía: unha libra de trigo por un denario, e tres libras de cevada por un un denario, pero non lle fagas mal ao aceite mailo viño.

1
06/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Cando abriu o cuarto selo, oín a voz do cuarto ser vivinte que dicía: sae! \v 8 E mirei, velaí un cabalo pálido; e o que o montaba chamábase Morte; e o Hades seguía tras del; e foille dada autoridade sobre a cuarta parte da terra para matar con espada, con fame, con pestilencia, e polas feras da terra.

1
06/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Cando o Año abriu o quinto selo, vin embaixo do altar as almas dos que morreran asasinados por mor da palabra de Deus e do testemuño que mantiveran; \v 10 e berraban dicindo: ata cando o Señor Soberano, Santo e Verdadeiro, non xulgas e véngalo noso sangue don que habitan na terra? \v 11 E déuselles cadansúa vestidura branca; e foilles dito que descansaran un pouco máis de tempo, ata completarse o número dos seus conservos, dos seus irmáns que habían ser asasinados coma eles.

1
06/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Vin cando abriu o sexto selo, e houbo un gran terremoto, e o sol virou negro coma tela de crin, e a lúa enteira volveuse coma sangue, \v 13 e as estrelas do ceo caeron á terra, como a figueira deixa caer os seus figos verdes ao ser sacudida por un forte vento. \v 14 E o firmamento recolleuse coma un pergamiño que se enrola, e todo monte e illa foron quitados do seu lugar.

1
06/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 E os reis da terra, e os príncipes, e os comandantes, os ricos, os poderosos e todo escravo e libre, agocháronse nas covas e entre as penas dos montes; \v 16 e dicían aos montes e ás penas: caede sobre nós e agochádenos da presenza do que está sentado no trono e da ira do Año. \v 17 Porque chegou o grande día da ira deles, e quen pode manterse en pé?

1
06/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 6

1
07/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 7 \v 1 Logo disto, vin a catro anxos en pé nos catro extremos da terra, detendo os catro ventos da terra, para que non soprara vento algún, nen sobre a terra nen sobre o mar nen sobre ningunha árbore. \v 2 E vin a outro anxo subindo por onde nace o sol, que tiña un selo do Deus vivo, e berrou moi alto aos catro anxos aos que se lles concedera facer dano á terra mailo mar, \v 3 dicindo: non fagades dano, nen na terra, nen ao mar, nen ás arbores, mentres non poñamos o selo na frente aos servos do noso Deus!

1
07/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 E escoitei o número dos selados: cento corenta e catro mil selados de toda tribo dos fillos de Israel: \v 5 da tribo de Xudá doce mil selados; da tribo de Rubén doce mil, da tribo de Gad doce mil, \v 6 da tribo de Aser doce mil, da tribo de Neftalí doce mil, da tribo de Manasés doce mil,

1
07/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 da tribo de simeón doce mil, da tribo de Leví doce mil, da tribo de Isacar doce mil, \v 8 da tribo de Zabulón doce mil, da tribo de Xosé doce mil, e da tribo de Benxamín doce mil selados.

1
07/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Logo disto, mirei e velaí unha multitude que ninguén podía contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, que estaban en pé diante do trono e diante do Año, vestidos con vestiduras brancas e palmas nas súas mans. \v 10 E alzan a súa voz dicindo: a salvación é do noso Deus, que está sentado no trono, e do Año.

1
07/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 E tódolos anxos estaban en pé arredor do trono e arredor dos anciáns e dos catro seres vivintes, e caeron sobre as súas facianas diante do trono, e adoraron a Deus, \v 12 dicindo: amén! a bendición, a gloria, a sabedoría, e a gratitude, o honor, o poder e a fortaleza, ao noso Deus polos séculos dos séculos. Amén.

1
07/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Entón un dos anciáns tomou a palabra e preguntoume: estos que están con vestiduras brancas, quen son e quen veñen sendo? \v 14 E dixen: meu Señor, ti sábelo. Díxome: estos son os que veñen da gran tribulación e que lavaron as súas vestiduras e as branquearon no sangue do Año.

1
07/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Por iso están diante do trono de Deus, e lle sirven día e noite no seu santuario; e o que está sentado no trono extenderá o seu tabernáculo sobre eles; \v 16 e non terán fame nen sede, nen o sol caerá máis sobre eles, nen calor algún. \v 17 Pois o Año en medio do trono pastorearaos, e os conducirá a manantiais de augas de vida, e Deus enxugará toda bágoa dos seus ollos.

1
07/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 7

1
08/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 8 \v 1 Cando o Año abriu o sétimo selo, houbo silencio no ceo como por media hora. \v 2 E vin aos sete anxos que están de pé diante de Deus, e lles foron dadas sete trompetas.

1
08/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E chegou outro anxo e parouse diante do altar cun incensario de ouro, e lle deron moito incenso para que o engadira ás oracións de tódolos santos sobre o altar de ouro diante do trono. \v 4 E o fume do incenso subiu da man do anxo, coas oracións dos santos á presenza de Deus. \v 5 E o anxo tomou o incensario e encheuno co lume do altar, e botouno á terra; e houbo relampos, e voces, e lóstregos e un terremoto.

1
08/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E os sete anxos que teñen as sete trompetas dispuxéronse a tocalas: \v 7 o primeiro tocou a trompeta, e houbo saraiba e lume misturados con sangue, e foron lanzados á terra; e queimouse a terceira parte da terra, e a terceira parte das árbores e queimouse toda herba verde.

1
08/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 O segundo anxo tocou a trompeta, e veuse sobre o mar coma una gran montaña ardendo en chamas, e a terceira parte do mar volveuse sangue. \v 9 E morreu a terceira parte das criaturas que habían no mar, cantas tiñan vida, e a terceira parte dos barcos foron desfeitos.

1
08/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 O terceiro anxo tocou a trompeta, e caeu do ceu unha gran estrela, ardendo coma unha tea, e caeu sobre a terceira parte dos ríos e sobre os manantiais das augas. \v 11 O nome da estrela é Amargura; e a terceira parte das augas volveuse amargura, e moitas das persoas morreron por mor das augas que tornaran amargas.

1
08/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 O cuarto anxo tocou a trompeta, e foi ferida a terceira parte do sol, e a terceira parte da lúa, e a terceira parte das estrelas, para que a terceira parte deles escurecera, e o día non resplandecera na súa terceira parte, e así mesmo a noite.

1
08/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 E vin e oín unha aguia voando no medio do ceo, que dicía a gran voz: ai, ai, ai, dos que habitan na terra, por mor das outras voces da trompeta dos tres anxos que están a piques de tocar!

1
08/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 8

1
09/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 9 \v 1 O quinto anxo tocou a trompeta, e vin unha estrela que caera do ceo á terra, e foille dada a chave do pozo do abismo. \v 2 Cando abriu o pozo do abismo, subiu fume do pozo coma o fume dun gran forno, e o sol mailo aire escureceron por mor del.

1
09/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E do fume sairon lagostas á terra e foilles dado poder como o poder que teñen os escorpións da terra. \v 4 Díxoselles que non danaran a herba da terra, nen cousa verde algunha, nen ningunha árbore, senón só ás persoas que non teñen o selo de Deus na fronte.

1
09/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Non se lles permitiu matar a ninguén, senón atormentalos por cinco meses; e o seu tormento era coma o tormento dun escorpión cando fere a unha persoa. \v 6 Naqueles días as persoas buscarán a morte e non serán que de atopala; e desexarán morrer, e a morte fuxirá deles.

1
09/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 O parecer das lagostas era semellante a cabalos preparados para a batalla, e sobre as súas testas tiñan coroas que parecían de ouro, e as súas caras eran coma facianas. \v 8 Tiñan cabeleiras coma cabeleiras de muller, e os seus dentes eran coma de leóns. \v 9 Tamén tiñan un peitorís coma peitorís feitos con ferro, e o balbordo das súas ás era coma o balbordo de carros de cabalos que corren á batalla.

1
09/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Tiñan colas semellantes ás dos escorpións, con aguillóns, e o seu poder estaba nas súas colas para danar ás persoas durante cinco meses. \v 11 Sobre elas teñen por rei ao anxo do abismo, Abadón en hebreo, e Apolión en grego. \v 12 Pasou o primeiro ai! despois disto aínda veñen dous ai!

1
09/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 \v 15 O sexto anxo tocou a trompeta, e oín unha voz que saía de entre os catro cornos do altar de ouro diante de Deus, \v 14 que dicía ao sexto anxo que tiña a trompeta:ceiba aos catro anxos que están atados xunto ao río Eufrates. e foron ceibados os catro anxos que foran preparados para a hora, o día, o mes e o ano, para matar á terceira parte das persoas.

1
09/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 O número dos exércitos de a cabalo, douscentos millóns. Eu escoitei seu número. \v 17 E na visión vin aos cabalos e aos que os montaban, que tiñan peitorís de lume, de zafiro e de xofre. E as testas dos cabalos eran coma cabezas de leóns, e das súas bocas saía lume, fume e xofre.

1
09/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Por estas tres pragas foron mortas a terceira parte das persoas: polo lume, polo fume e polo xofre que saía da boca deles. \v 19 Pois o poder dos cabalos está na súa boca e nas súas colas; pois as súas colas son semellantes a serpes, que teñen cabezas e danan con elas.

1
09/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 E o resto das persoas, os que non foron mortos por estas pragas, tampouco se arrepentiron das obras das súas mans para deixar de adoraren aos demos e aos ídolos de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que non poden ver, nen oír, nen andar; \v 21 e non se arrepentiron dos seus homicidios, nen das súas bruxerías, nen da súa fornicación, nen dos seus furtos.

1
09/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 9

1
10/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 10 \v 1 Vin a outro anxo que descencía do ceo, envolto nunha nube; e o arco iris estaba sobre a súa cabeza, o seu rostro era coma o sol, e os seus pés coma columnas de lume; \v 2 e tiña na man un pequeno pergamiño aberto; e poñendo o seu pé dereito sobre o mar e o esquerdo sobre a terra;

1
10/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 berrou a gran voz, como ruxe o león; e ao berrar, os sete relampos tronaron as súas voces. \v 4 Cando os sete relampos falaron, estaba a piques de escirbir, cando oín unha voz do ceo que dicía: Sela as cousas que os sete relampos dixeron e non as escribas.

1
10/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E o anxo que vin en pé sobre o mar e a terra, ergueu a súa man dereita ao ceo, \v 6 e xurou polo que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e as cousas que están nel, e a terra e as cousas que están nela, e o mar e as cousas que están nel, que non habería máis tardanza, \v 7 senón que nos días da voz do sétimo anxo, cando esté a piques de tocar a trompeta, tamén terá cumprimento o misterio de Deus, como anunciou aos seus servos os profetas.

1
10/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E a voz que oín do ceo falou comigo de novo, e díxome: Vai e toma o pergamiño aberto da man do anxo que estivo en pé sobre o mar e sobre a terra. \v 9 E achegueime ao anxo, dicíndolle que me dira o pequeno pergamiño. E dime: Toma e devorao; amargarache no interior, pero na túa boca será doce coma o mel.

1
10/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Tomei o pequeno pergamiño da man do anxo, e devoreino; e na miña boca foi doce como o mel; e cando o comín, amargoume por dentro. \v 11 E me din: é preciso que profetices outra vez sobre moitos pobos, nacións, e linguas e reis.

1
10/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 10

1
11/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 11 \v 1 Foi dada unha cana de medir semellante a unha vara, dicindo: érguete e mide o templo de Deus e o altar, e aos que adoran nel; \v 2 pero o patio do santuario déixao fóra e non o midas, porque foi entregado aos xentís, e eles pisarán\f(profanarán)\f* a cidade santa por corenta e dous meses.

1
11/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E darei ás miñas dúas testemuñas, e profetizarán por mil douscentos sesenta días, vestidos de cilicio. \v 4 Estos son as dúas oliveiras e os dous candeeiros que están en pé diante do Señor de toda a terra. \v 5 Se algún lles procura mal, un lume que sae das súas bocas devora aos seus inimigos; se algún lles quere facer mal morrerán do mesmo xeito.

1
11/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Estos teñen poder para fechar o ceo para que non chova durante os días que eles porfeticen, e teñen poder sobre as augas para convertilas en sangue, e para ferir a terra con toda sorte de pragas, cantas veces queiran. \v 7 Cando rematen o seu testemuño, a bestia que sobe do abismo, fará guerra contra eles, e vencerá, e mataraos.

1
11/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E os seus cadáveres xacerán na praza da gran cidade, espiritualmente chamada Sodoma, e Exipto onde tamén foi crucificado o Señor deles. \v 9 E os dos pobos, tribos, linguas e nacións, contemplarán os cadáveres por tres días e medio e non permitirán que sexan sepultados.

1
11/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E os que viven na terra estarán alegres e festexando sobre eles, agasallándose uns aos outros, porque eles atormentaban aos que viven na terra. \v 11 Pero despois dos tres días e medio, entrou neles un alento de vida que viña de Deus e puxéronse en pé, e colleron grande medo ao velos. \v 12 E oiron unha grande voz do ceo que lles dicía: Subide acó! e subiron ao ceo na nube e foron contemplados polos seus inimigos.

1
11/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Naquela hora houbo un gran terremoto, e derrubouse a décima parte da cidade, e no terremoto morreron sete mil persoas, e os demáis enchéronse de medo, e diron gloria ao Deus do ceo. \v 14 O segundo ai! pasou, velaí o terceiro ai! ven axiña.

1
11/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 O sétimo anxo tocou a trompeta, e houbo grandes voces no ceo, que dicían: O reino do mundo veu a selo reino do noso Señor e do seu Cristo; e El reinará polos séculos dos séculos.

1
11/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 E os vintecatro anciáns que estaban sentados diante de Deus nos seus tronos; portáronse sobre as suas facianas e adoraron a Deus, \v 17 dicindo: Dámosche grazas Señor Deus Todopoderoso, o que eres e que eras, porque tomaches o teu gran poder e reinas.

1
11/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 E enfureceron as nacións, pero xa chegou a túa cólera, e o tempo dos mortos ser xulgados, e de dalo galardón aos teus servos os profetas, e aos santos, e aos que temen o teu nome, aos pequenos e mailos grandes, e de destruir aos que destrúen a terra.

1
11/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 E abriuse o santuario de Deus no ceo, e foi vista no seu santuario a arca do seu pacto, e houbo lóstregos, e voces, e relampos, e un terremoto e saraibada.

1
11/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 11

1
12/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 12 \v 1 Foi visto no ceo un gran sinal; unha muller vestida do sol, coa luna baixo os seus pés, e unha coroa de doce estrelas sobre a súa cabeza: \v 2 e estando embarazada, berra cos dores de parto, agoniada por dar a luz.

1
12/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E foi visto outro sinal no ceo: un gran dragón vermello que tiña sete cabezas e dez cornos, e sobre as súas cabezas había sete diademas. \v 4 A súa cola arrastraba a terceira parte das estrelas do ceo e lanzounas sobre a terra. E o dragón parouse diante da muller que estaba para dar a luz, coa fin de devorar ao seu fillo cando dera a luz.

Some files were not shown because too many files have changed in this diff Show More