gl_php_text_reg/02/25.txt

1 line
449 B
Plaintext

\v 25 Pero crin que compría mandarvos a Epafrodito, meu irmán, colaborador e camarada de milicia, quen tamén é voso menxaseiro e servidor para atender as miñas necesidades; \v 26 porque el tiña morriña de todos vós e andaba amolado porque chegastes a saber da súa doenza. \v 27 Pois de feito estivo enfermo e a piques de morrer; pero Deus tivo compaixón del e non só del, senón tamén de min, para que non estivese aínda máis triste.