gl_heb_text_reg/12/14.txt

1 line
553 B
Plaintext

\v 14 Procurade a paz con todos, e maila santidade, porque sin ela ninguén verá ó Señor; \v 15 tende moito coidado de que ningún sexa privado da graza de Deus, non sexa que surdindo algunha raíz de amargura, vos chegue a perturbar e por ela moitos sexan contaxiados; \v 16 que non haxa ningún fornicario ou profano coma Esaú, que por un xantar vendeu a súa primoxenitura. \v 17 Porque sabedes que ainda que despois por mais que quiso herdar a bendición, foi rexeitado (porque non atopou xeito de arrepentirse) ainda que a procurou con bágoas