\v 16 Porque de certo non vén axudar aos anxos, senón que vén na axuda da descendencia de Abraham. \v 17 Por iso tiña que asemellarse aos seus irmáns en todo, a fin de que chegase a ser un sumo sacerdote misericordioso e fiel nas cousas de Deus, para facer expiación polos pecados do pobo. \v 18 Xa que El mesmo padeceu sendo tentado no sufrimento, é poderoso para socorrer aos que son tentados.