gl_heb_text_reg/12/01.txt

1 line
515 B
Plaintext
Raw Normal View History

\c 12 \v 1 Xa que logo, tendo arredor noso unha tal nube de testemuñas, desprendámonos de todo peso, e do pecado que nos asedia, e corramos con aguante a carreira que temos por diante. \v 2 Co ollo posto en Xesús, o Autor da fe naquel que a leva á perfeción, quen pola ledicia posta diante del, soportou a cruz e desprezando as aldraxes, sentou á dereita do trono de Deus. \v 3 Meditade, pois en Aquel que soportou tal contradición de pecadores enriba de si, para que o voso ánimo non se canse nen esmoreza.