\v 21 Daquela a lei é contraria ás promesas? De ningún xeito. Se por unha lei puidésemos recibir a vida, a xustiza tería chegado a nós pola lei. \v 22 Mais a escritura pechou todo baixo pecado, para que a promesa que é pola fe en Xesús Cristo fose dada a todos os que cren.