gl_2ti_text_reg/01/03.txt

1 line
382 B
Plaintext

Doulle grazas a Deus. a quen sirvo dende os meus devanceiros con concencia limpa, de que sempre me lembro de ti nas miñas oracións, noite e dia; véñenme ganas de te ver cando lembro as túas bágoas, para encherme de ledicia, tendo vivo o recordo da fe non finxida que hai en ti, e que primeiro había na túa aboa Loida e na tua nai Eunice, e estou convencido que tamén en ti.