gl_1th_text_reg/02/14.txt

1 line
477 B
Plaintext

Porque vos, irmáns, chegastes a ser imitadores das igrexas de Deus en Xesús o Mesías, que están na Xudea; pois tamén sufristes as mesmas cousas a mans dos vosos propios paisanos, como tamén eles dos xudeos; quen non so mataron o Señor Xesús e aos profetas, senon que a nos expulsáronnos, e opóñense a todas as persoas, prohibíndonos falar aos xentís para que sexan salvos, de xeito que sempre enchen a medida dos seus pecados, ata que lles veu a ira ata o máximo.