\v 4 Porque cando estabamos aínda convosco, xa vos avisamos que iamos aturar sofrimentos, e así é como foi, ben o sabedes. \v 5 Por iso, eu tamén, non podendo soportalo mais, mandei a recoñecer a vosa fe, non fora que dalgún xeito, o tentador vos seducira e o noso traballo fora en van.