\v 11 Que o mesmo Deus e Pai noso, e o noso Señor Xesús, dirixa o noso camiño cara vós. \v 12 Que faga o Señor que medredes e abundendes no amor uns cos outros, e con todos, do mesmo xeito que nós tamén para vós, \v 13 para que os nosos corazóns sexan afirmados irreprensibles en santidade diante do noso Deus e Pai, cando veña o noso Señor Xesús con tódolos seus santos.