Compare commits

...

5 Commits

6 changed files with 7 additions and 0 deletions

1
01/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 E o Señor levantou un forte vento no mar, e houbo unha tempestade tan grande no mar que o barco parecía que ía romper. \v 5 Os mariñeiros tiñan medo e cada un clamaba o seu deus; e botaron ao mar a carga que había no barco para alixeiralo. Pero Xonás baixara á bodega do barco, deitarase e estaba profundamente durmido.

1
01/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 O capitán achegouse a el e díxolle: Como é que estás a durmir? Érguete, chama ao teu Deus! Pode que o teu Deus pense en nós e non morramos. \v 7 E cada un díxolle ao seu compañeiro: Vide, botemos sorte para saber por quen nos viu esta desgraza. E botaron sortes, e a sorte caeu sobre Xonás.

1
01/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Entón dixéronlle: Dinos agora por quen nos ven esta desgraza. Que fas, e de onde vés? Cal é o teu país, e de que pobo es? \v 9 El respondeulles: son hebreo, e temo o Señor Deus do ceo, que fixo o mar e a terra. \p \v 10 Os homes tiñan moito medo e dixéronlle: Que é isto que fixeches? Porque sabían que fuxía da presenza do Señor, por mor do que lles declarara.

1
01/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 \v 12 \v 13 Entón dixéronlle: Que faremos contigo para que o mar non estea bravo o noso redor? Pois o mar estaba cada vez mais duro. 12 E díxolles: Collédeme e botádeme ao mar, e o mar calmarase (estará tranquilo) a voso redor, xa que sei que esta gran tempestade veu sobre vos pola miña causa. 13 Os homes puxéronse a remar con forza para volver a terra firme (seca), pero non puideron, xa que o mar seguía embravecéndose (arremetendo) contra eles.

2
01/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 14 \v 15 \v 16 Entón invocaron ao Señor, e dixéronlle: Pregámosche, oh Señor, non permitas que perezamos agora pola vida deste home, nin poñas sobre nós sangue inocente; pois ti, Señor, fixeches o que quixeches.
15 colleron, a Xonás e botárono ao mar; e o mar parou na súa furia. 16 E aqueles homes temeron moito ao Señor; fixeron sacrificio o Señor e fixéronlle votos.

1
01/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 E o Señor dispuxo un gran peixe para tragar a Xonás; e Xonás estivo na barriga (na tripa)do peixe tres días e tres noites.