gl_2ti_text_reg/01/03.txt

1 line
387 B
Plaintext

\v 3 Doulle grazas a Deus, a quen sirvo dende os meus devanceiros con conciencia limpa, lembrándome continuamente de ti e orando por ti día e noite; \v 4 desexando verte, traendo á memoria as túas bágoas, para me encher de gozo. \v 5 Tendo vivo o recordo da túa fe non finxida, que habitou primeiro na túa avoa Loida, e na túa nai Eunice e teño por certo que tamén está en ti.