gl_exo_text_reg/13/19.txt

1 line
533 B
Plaintext

\v 19 Moisés levou consigo os ósos de Xosé, pois este fixera xurar solemnemente aos fillos de Israel, dicindo: de certo Deus visitaravos e levarédesvos daquí os meus ósos convosco. \v 20 Saíron de Sucot e acamparon e Etam, ao borde do deserto. \v 21 E IaVeH ía diante deles: de día nunha columna de nube, para guialos polo camiño, e de noite nunha columna de lume, para alumealos, a fin de que camiñaran de día e de noite. \v 22 Nunca se apartou de diante do pobo a columna de nube de día nin a columna de lume de noite.