gl_exo_text_reg/14/15.txt

1 line
522 B
Plaintext

\v 15 Entón IaVeH díxolle a Moisés: por que clamas a min? Dille aos fillos de Israel que se poñan en marcha! \v 16 E ti alza a túa vara, extende a túa man sobre o mar e divídeo, e pasen os fillos de Israel en medio do mar por terra seca! \v 17 E velaí eu endurecerei o corazón dos exipcios e irán tras eles, e glorificareime en Faraón e en todo o seu exército, nos seus carros e nos seus xinetes. \v 18 E saberán os Exipcios que Eu son IaVeH cando me glorifique en Faraón, nos seus carros e nos seus xinetes.