gl_luk_text_reg/07/11.txt

1 line
558 B
Plaintext

\v 11 Pouco despois disto Xesús foi a unha aldea chamada Naín, e ían con El os seus discípulos e unha gran multitude. \v 12 Segundo se acercaba á entrada da aldea, sacaban fora a un home que morrera, fillo único da súa nai (que era unha viúva), e unha grande multitude da vila estaba con ela. \v 13 Ao vela, o Señor compadeceuse dela e díxolle: "Non chores". \v 14 Entón tocou o ataúde, e aqueles que o levaban pararon. El díxolle: "Mozo, dígoche a ti, levántate." \v 15 O morto incorporouse e comezou a falar e Xesús entregoullo á súa nai.