Mon Feb 07 2022 22:47:25 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ruben 2022-02-07 22:47:26 +01:00
commit 804bc58fec
167 changed files with 330 additions and 2 deletions

1
02/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 2 \v 1 E aconteceu naqueles días que César Augusto promulgou un edicto, para que se fixese un empadroamento de toda a poboación que vivía na terra gobernada por eles. \v 2 Este foi o primeiro censo feito cando Cirenio era gobernador de Siria. \v 3 E foron todos aos seus pobos para seren rexistrados neste censo.

1
02/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 E saiu tamén Xosé de Galilea, da cidade de Nazaret, a Xudea, a Belén a cidade de David, porque el era descendente da familia de David. \v 5 María, a súa prometida que estaba embarazada ía con el para rexistrarse.

1
02/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E aconteceu que estando alí, cumpriuse o tempo para dar a luz. \v 7 E deu a luz ao seu primoxénito, envolveuno en cueiros, e deitouno nun pesebre, porque non tiñan sitio para eles na pousada.

1
02/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Na mesma rexión había pastores nos campos vixiando polas noites os seus rabaños. \v 9 E aparecéuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor co seu brillo encheu a súa contorna, e amedrentáronse.

1
02/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 \v 11 \v 12 O anxo díxolles: Non vos asustedes, eu tráiovos boas novas que serán de grande alegría para todas as persoas; Hoxe naceu na cidade de David, o Salvador, que é o Mesías o Señor! Este sinal levaravos canda el: atoparedes a un neno envolto en cueiros nun pesebre.

1
02/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 E de súpeto víronse arredor do anxo unha multitude dos exércitos celestiais louvando a Deus dicindo: \v 14 Gloria a Deus na terra e nos ceos! Paz ás persoas nas que Deus se agrada!

1
02/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 E cando os anxos partiron cara o ceo, os pastores falaban entre eles: Vaiamos a Belén e comprobemos si esto aconteceu así como o Señor nolo fixo saber. \v 16 Buliron e atoparon a María e a Xosé, e ao neno deitado no pesebre.

1
02/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Cando o viron, contaron o que lles dixeran sobre este neno. \v 18 E todos quedaban abraiados co que contaban os pastores. \v 19 María, seguía dándolle voltas e gardando todo no seu corazón. \v 20 Os pastores voltaron ao seu lugar engrandecendo e louvando a Deus, porque sucedera todo tal como llelo dixera.

1
02/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Aos 8 días de nacer foi circuncidado, e puxéronlle por nome Xesús, nome dado polo anxo antes de ser concebido no seo da súa nai.

1
02/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 E cando chegou o tempo da súa purificación segundo a lei de Moisés, trouxérono ao templo a Xerusalén para presentarllo ao Señor. \v 23 (como está escrito na lei do Señor: Cada home primoxénito que abra a matriz será apartado para o Señor. \v 24 E para ofrecer sacrificio fixeron conforme ao dito na lei do Señor: unha parella de rulas, ou dous pombiños.

1
02/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 E había en Xerusalén un home ao que chamaban Simeón; e este home xusto e piadoso, agardaba pola consolación de Israel, e o Espírito Santo estaba sobor del. \v 26 E o Espírito Santo fíxolle saber que non morrería sen ver antes ao Cristo do Señor.

1
02/27.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 27 Dirixido polo Espírito foi ao templo. E cando os pais do neno Xesús, o trouxeron para cumprir por el o rito da lei, \v 28 el colleu ao pequeno no regazo e bendiciu a Deus dicindo: \v 29 Agora, Señor, deixa que o teu servo marche en paz, como dixeches.

1
02/30.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 30 Porque os meus ollos viron a túa salvación, \v 31 a que planificaches diante de todos os pobos. \v 32 Unha luz para revelación aos xentiles e gloria ao teu pobo Israel.

1
02/33.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 33 E os pais do neno estaban abraiados do que escoitaban falar de El. \v 34 Simeón bendiceunos e díxolle á súa nai María: Este neno foi posto para a caída de moitos, pero tamén para o alzamento de moitos outros en Israel, e como sinal que terá oposición \v 35 ( e unha espada atravesará a túa propia alma ) para que sexan revelados os pensamentos máis profundos de moitos corazóns.

1
02/36.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 36 Había unha profetisa, xa anciá, Ana, filla de Fanuel, da tribo de Aser. O seu matrimonio durara uns 7 anos e levaba viúva 84. \v 37 Sempre estaba metida no templo onde servía día e noite con oracións e xaxúns. \v 38 E achegándose a eles nese preciso intre, daba grazas a Deus e falaba do neno a todos os que estaban agardando a redención de Xerusalén.

1
02/39.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 39 Unha vez cumpriron con todo o que a Lei do Señor requería, volveron a Galilea, á cidade de Nazaret. \v 40 E o pequeno medraba, san e forte, e enchíase de sabedoría; e Deus estaba con el dun xeito especial.

1
02/41.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 41 Seus pais adoitaban ir todos os anos a Xerusalén para a festa da Pascua. \v 42 E cando cumpriu os 12 anos, foron camiñando alá como era tradición; \v 43 e despois da festa, regresaron de volta, e o neno Xesús quedou atrás en Xerusalén sin que os seus pais se decatasen, \v 44 camiñaron durante 1 día pensando que iría co resto da comitiva, e buscárono entres os seus parentes e coñecidos.

1
02/45.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 45 Ocorreu que non foron quen de atopalo e deron volta a Xerusalén. \v 46 Logo de 3 días, diron con el no templo sentado no medio dos mestres, escoitando e facéndolles preguntas. \v 47 E todos os que o oían estaban abraiados do seu coñecemento de Deus e das súas respostas.

1
02/48.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 48 Cando o viron quedaron asombrados, e a súa nai díxolle: Fillo, por que nos fixeches isto? Teu pai máis eu andabamos na túa procura cheos de anguria. \v 49 El díxolles: Por que me buscastes? Seica non sabiades que me era preciso estar na casa do meu Pai? \v 50 pero eles non entenderon o que lles quixo dicir.

1
02/51.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 51 Daquela volveu con eles a Nazaret e obedeceunos. A súa nai gardaba estas cousas no seu corazón. \v 52 E Xesús medraba en sabedoría, en estatura e en favor diante de Deus e das persoas.

1
02/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 2

1
04/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 4 \v 1 Xesús, cheo do Espírito Santo, volveu do Xordán, e foi guiado polo espírito no deserto, \v 2 onde foi tentado por Satanás por corenta días. E non comeu nada nese traxecto e pasados eses días tivo fame.

1
04/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E díxolle Satanás: Se ti es Fillo de Deus, dille a esta pedra que se faga pan. \v 4 Xesús respondeulle: escrito está: " non só de pan vivirán as persoas ".

1
04/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 \v 7 E levándoo a un lugar alto, Satanás nun intre, amosoulle todos os reinos do mundo. \v 6 E díxolle Satanás: dareiche toda a autoridade e todo o esplendor destes reinos, porque me foron dados a min primeiro e llelos podo dar a que desexe cando eu queira. Se diante de min fas reverencia e me adoras, todo será teu.

1
04/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Respondendo Xesús dixo: escrito está: ao Señor o teu Deus adorarás, e só a El darás culto ".

1
04/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Pero levouno despois Satanás a Xesusalén, e parouse no canto do templo e díxolle: Se es Fillo de Deus, guídate abaixo desde aquí. \v 10 Pois foi escrito: " Enviará aos seus anxos para que te protexan ", \v 11 e: " sobre as súas mans te sosterán, non sexa que o teu pé tropece en pedra ".

1
04/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E respondendo Xesús dixo: foi dito: " non tentarás ao Señor o teu Deus ". \v 13 Cando Satanás terminou con toda esta tentación, apartouse del ata a seguinte ocasión.

1
04/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Xesús volveu de regreso a Galilea no poder do Espírito, e a súa fama medraba en toda a contorna. \v 15 E ensinaba nas súas sinagogas, onde era louvado por todos.

1
04/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Chegou a Nazaret, onde se criara, e segundo o costume, entro una sinanoga no día de repouso, e ergueuse a ler. \v 17 Déronlle o libro do profeta Isaías, e abríndoo, atopou onde estaba escrito:

1
04/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 O Espírito do Señor está sobre mín, polo que me consagrou para levar as boas novas aos pobres. A pregoar liberdade aos prisioneiros, e a darlle a vista aos cegos. Para deixar libres aos oprimidos; \v 19 para pregoar o ano do favor do Señor.

1
04/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Pechando o libro, devolveullo ao axudante e sentou. E todos os alí presentes, non lle quitaban ollo. \v 21 E comezou a dicirlles: Hoxe tivo o seu cumprimento esta Escritura que escoitastes. \v 22 E todos falaban ben de El abraiados das palabras de graza que saían da súa boca, e dicían: non é este o filo de Xosé?

1
04/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 El díxolles: certamente me soltaredes o refrán: " médico, sánate a ti mesmo "; todo canto oímos que foi feito en Capernaúm, faino aquí tamén na túa terra. \v 24 E dixo: de certo vos digo, que ningún profeta é ben recibido na súa terra.

1
04/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 E de certo vos digo: había moitas viúvas en Israel, nos tempos de Elías, cando o ceo foi pechado por tres anos e medio e escasearon os alimentos en gran maneira en toda a terra; \v 26 mais non foi enviado Elías a ningunha delas, senón a unha viúva de Sarepta, na terra de Sidón. \v 27 E había en Israel moitos doentes gafos, nos tempos do preofeta Esliseo; pero ningún deles foi limpo agás Naamán o sirio.

1
04/28.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 28 E todos os que estaban na sinagoga enchéronse de carraxe ao escoitar estas cousas, \v 29 e erguéronse, e botárono fóra da vila, e o levaron ao cumio do monte sobre o que estaba edificada a vila, para botalo de cabeza e rematalo. \v 30 Pero El pasando polo medio deles, foise.

1
04/31.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 31 E baixou a Capernaúm, vila de Galilea. E ensináballes no día de repouso; \v 32 e quedaban abraiados da súa ensinanza porque falaba con autoridade.

1
04/33.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 33 E estaba na sinagoga un home que estaba posuído por un espírito demoníaco inmundo, e berrou en alta voz: \v 34 Ai! que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? Viñeches para acabar con nós? Eu sei quen es ti: o Santo de Deus.

1
04/35.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 35 Xesús reprendeuno dicindo: enmudece e sal del! E o demoño tirou co home no chan no medio deles, e saiu del sin facerlle mal algún. \v 36 E todos quedaron pasmados, e discutían entre eles dicindo: Que foi esto que dixo que con autoridade e poder dalles ordes aos espíritos inmundos e saen? \v 37 E a súa fama difundíase por toda a contorna.

1
04/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 Erguéndose, saiu da sinagoga, e entrou na casa de Simón. A sogra deste estaba padecendo unhas febres moi altas, e rogáronlle por ela. \v 39 E inclinándose sobre ela, reprendeu a febre, e a febre remitiu. Deseguida ela ergueuse e servíalles.

1
04/40.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 40 Ao poñerse o sol, todos os que tiñan doentes por diferentes causas, levábanllelos, e poñendo El as mans sobre cada un deles, curábaos. \v 41 Tamén saían demoños de moitos, berrando e dicindo: Ti es o Fillo de Deus! Pero reprendéndoos, prohibiulles falar, porque sabían que El era o Cristo.

1
04/42.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 42 Cando amenceu, saiu e foi a unha zona deserta, e o xentío andaba na súa procura, e chegaron onde El estaba e retivérono para que non se afastara deles. \v 43 Pero El díxolles: Tamén debo ir ás outras vilas e pregoar as boas novas do reino de Deus, porque para isto fun enviado. \v 44 E predicaba nas sinagogas de Xudea.

1
04/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 4

1
06/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 6 \v 1 E sucedeu que nun día de repouso pasaba Xesús por diante dunhas leiras sementadas, e os seus discípulos arrincaban e comían as espigas debullándoas coas mans. \v 2 Pero algúns dos fariseos dixeron: como facedes o que non convén no día de repouso?

1
06/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Respondendo Xesús, dixo: E logo non lestes cando David e os que estaban con el, esfameados; \v 4 como entraron na casa de Deus, e colleu e comeu os pans consagrados, que ningén pode comer, agás os sacerdotes, e compartiunos cos seus compañeiros? \v 5 E dicíalles: O Fillo do Home é o Señor do día de repouso.

1
06/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E noutro día de repouso sucedeu que entrou na sinagoga e ensinaba, e había alí un home tolleito da man dereita. \v 7 E os escribas e os fariseos non lle sacaban ollo, para ver si curaba no día de repouso, para ter algo de que acusalo. \v 8 Pero el coñecía os seus pensamentos, e díxolle ao tolleito: Érguete e ponte ahí no medio. E erguéndose, achegouse a el.

1
06/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Xesús díxolles: Eu pregúntovos: é lexítimo no día de repouso facer ben ou facer mal; salvar unha vida ou deixar que morra? \v 10 E mirando arredor del, díxolle ao home: Estende a túa man. El fíxoo así e a man curou. \v 11 Pero eles enchéronse de xenreira, e barallaban distintas opcións para facerlle a Xesús.

1
06/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Neses días, El foi ao monte a orar, e pasou alí toda a noite adorando e pregándolle a Deus. \v 13 Ao amencer, chamou aos seus discípulos, e escolleu 12 de entre eles, e chamóunos apóstolos.

1
06/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Simón, a quen chamou Pedro, e Andrés o seu irmán; Xacobe e Xoan; Felipe e Bartolomé; \v 15 Mateo e Tomás; Xacobe, fillo de Alfeo, e Simón, o coñecido como o Zelote; \v 16 Xudas, fillo de Xacobe e Xudas Iscariote, quen chegou a ser un traidor.

1
06/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Baixou do monte con eles e detívose nunha chaira; e unha gran multitude dos seus discípulos e infinidade de persoas do pobo, de toda Xudea, de Xerusalén e da rexión costeira de Tiro e Sidón, \v 18 que acudiron para oílo e para ser curados das súas doenzas; e os que eran perturbados por espíritos inmundos eran sandados. \v 19 Todos procuraban achegarse a El, porque del salía o poder para sandalos.

1
06/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Volvendo a vista cara os discípuos, dicíalles: Felices sodes os pobres, porque o reino de Deus vos pertence. \v 21 Felices os famentos, porque vos fartaredes. Felices os que agora chorades, porque habedes rir..

1
06/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 Felices sodes cando as persoas vos rexeitan, cando vos afastan deles, chamándovos de todo, e vos exclúan poñendo os vosos nomes na lista negra, por causa do Fillo do Home. \v 23 Alegrádevos cando vos vexades nestas, e dade brincos de ledicia, porque velaí, o voso premio é grande no ceo, xa que os seus pais fixeron do mesmo xeito aos profetas.

1
06/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 24 Pero ai de vós, os ricos, que xa vos contentades aquí. Ai de vós, os que agora tendes de todo, porque pasaredes fame. \v 25 Ai de vós, os que agora rides!, porque vos lamentaredes e habedes chorar os sete chorares.

1
06/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 Ai de vós, cando todas as persoas falen marabillas de vós! porque os seus devanceiros tamén falaban ben dos falsos profetas.

1
06/27.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 27 Aos que me estades a oír, dígovos: amade aos vosos inimigos; facede o ben aos que vos rexeitan, \v 28 bendicide a quen vos critica; orade polos que vos desacreditan.

1
06/29.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 29 \v 30 Si alguén che dá unha labazada, ponlle a outra meixela; e ao que che quite o abrigo, dalle tamén a camiseta. A todo o que che pida, dalle, e a quen che roube, non llo reclames.

1
06/31.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 31 Facede con todas as persoas como queredes que fagan convosco. \v 32 Si amades aos que vos aman, cal é o voso mérito? Mesmo os pecadores aman a quen os ama. \v 33 Si facedes ben aos que bos fan ben, fixestes algo de máis? Os pecadores fan igualiño. \v 34 Si lle prestades a alguén que sabedes que volo pode devolver, que mérito tendes? Os pecadores prestan aos pecadores a cambio do reembolso completo.

1
06/35.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 35 É mellor que amedes aos vosos inimigos e que fagades o ben, que prestedes sen esperar nada a cambio, e a vosa recompensa será grande, e seredes fillos do Altísimo; porque El é amable cos desagradecidos e desalmados. \v 36 Sede compasivos, así como o voso Pai é compasivo.

1
06/37.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 37 Non xulguedes e non seredes xulgados; non sentenciedes e non haberá sentencia para vós; perdoade e seredes perdoados.

1
06/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 Dade e darásevos a vós; botarán no voso regazo boa medida, empacada, peneirada e desbordante. Coa medida que medides, seredes medidos.

1
06/39.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 39 Faloulles tamén por parábola: Poderá un cego guiar a outro cego? Non caerán os dous nun burato? \v 40 Un discípulo non está por riba do seu mestre, pero todo aprendiz, despois de prepararse en condicións, será coma o seu mestre.

1
06/41.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 41 E por que miras a palla no ollo do teu irmán e non ves a viga que tes no teu? \v 42 Ou como lle podes dicir: Irmán déixame que che saque esa palla que tes no ollo, cando nin ti mesmo podes ver a viga que está no teu? Hipócrita! Limpa primeiro a viga que está no teu ollo e logo poderás ver con claridade para sacar a palla no ollo do teu irmán.

1
06/43.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 43 Non hai árbore bo que de mal froito, nin ao revés, árbore mala que produza bo fruto. \v 44 Cada árbore é coñecida polo seu froito. Ningén recolle figos das toxeiras, nin vendiman uvas das silveiras.

1
06/45.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 45 A boa persoa, so pode sacar boas cousas do bo tesouro do seu corazón; e a persoa mala, do mal tesouro saca o que é malo, porque cada un fala segundo o que hai no seu interior.

1
06/46.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 46 Por que me chamades: "Señor, Señor", e non facedes o que vos digo? \v 47 Todo o que se achega a min e escoita as miñas palabras a as pon en práctica, direivos a quen se asemella: \v 48 Semella unha persoa que foi edificar unha casa e cavou ben fondo, e puxo os fundamentos da casa sobre a rocha, e cando veu unha enchente do río que botou por fóra, bateu contra aquela casa, pero non foi quen de botala abaixo porque estaba ben construída.

1
06/49.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 49 Pero a persoa que escoitou e quedou de brazos cruzados, semella unha persoa que foi edificar unha casa sobre terra, sin poñer os fundamentos, e a enchente bateu contra dela e no intre veu abaixo, e foi grande a ruina daquela casa.

1
06/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 6

1
10/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 10 \v 1 Aconteceu despois destas cousas, que o Señor nomeou a 70 (72) a maiores, e comisionounos en parellas diante del, para que foran abrindo camiño en toda vila e aldea onde El había de ir. \v 2 Dicíalles: hai moito que colleitar, pero escasean os xornaleiros; rogade ao Señor da colleita que mande máis xornaleiros á súa sega.

1
10/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Ide, e entendede que vos mando coma años entre os lobos. \v 4 Non levedes cartos, nin provisións, nin calzado de reposto, e non vos entreteñades no camiño con ninguén.

1
10/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E na casa que entredes dicide de antemán: "Paz a esta casa". \v 6 E se os que viven alí son xente de paz, a vosa paz repousará sobre ela, e se non o son a vosa paz seravos devolta. \v 7 Non andedes de casa en casa, senón participade da comida e da bebida deles, pois o xornaleiro é digno do seu soldo.

1
10/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Comede do que vos dean alí onde vaiades e sexades recibidos; sanade aos enfermos que haxan, \v 9 e dicídelles que o reino de Señor se achegou a eles.

1
10/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Pero si entrades nalgunha vila e non sodes ben recibidos, dicide nas prazas: \v 11 Non levaremos da vosa vila nin o po que se nos pegou aos pés. Aí vos queda, sacudímolo das nosas sandalias; pero entendede que o reino de Deus se achegou a vós. \v 12 Asegúrovos que o día do xuízo será máis soportable para Sodoma que para esa vila.

1
10/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Ai de ti Corazím1 Ai de ti Betsaida! Porque se Tiro e Sidon fosen testemuñas das milagres que vós vistes, xa estiveran arrepentidos hai moito tempo, sentados en cicilio e cinza reconsiderando os seus feitos. \v 14 Por iso, no xuízo, o castigo será máis tolerable para Tiro e Sidón que para vós. \v 15 E ti, Capernaún, será que pensas que podes ser exaltado no ceo? Ti vas ser afundido na profundidade do abismo.\f no orixinal Hades\f*

1
10/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 O que vos escoite, a min me escoita, e o que vos rexieta, rexéitame a min; e o que me rexeita a min, rexeita ao que me enviou.

1
10/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Os 70 (72) regresaron felices dicindo: Señor, aínda os demos se nos suxeitan no teu nome. \v 18 E díxolles El: Eu vía como Satanás caía do ceo coma se dun lóstrego se tratara. \v 19 Mirade, dinvos autoridade para pisar sobre serpes e alacráns, e sobre todo poder do inimigo, e nada vos poderá mancar. \v 20 Con todo, non vos alegredes tanto cando vexades que os espíritos se someten a vós, senón antes sede felices sabendo que os vosos nomes están inscritos no ceo.

1
10/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Na mesma hora, El estaba cheo da alegría do Espírito Santo, e dixo: Doute lovor, Pai, Señor do ceo e da terra, porque agochaches estas cousas aos sabios e entendidos, e llas descubriches aos que aínda non sabían falar. Sí, Pai, poque foi como che agradou facer.

1
10/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 Volvéndose aos discípulos referíulles: Todas as cousas me foron transmitidas polo meu Pai, e ninguén coñece ao Fillo non sendo o Pai, nin quen é o Pai senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.

1
10/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 E volvéndose cara os seus discípulos faloulles en privado: Benditos os ollos que ven o que vos vedes; \v 24 de certo vos digo que moitos profetas e reis desexaron ver o que vós vedes, e non o viron, e oír o que vós oídes, e non oíron.

1
10/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 E velaquí, que se ergueu un intérprete da lei que quería probalo e dixo: Mestre, que podo facer para herdar a vida eterna? \v 26 El díxolle: Que está escrito na lei? que é o que entendes ti? \v 27 Respondeulle: Amarás ao Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e conta a túa alma, e con todas as túas forzas, e con toda a túa mente; e ao teu próximo coma se foses ti. \v 28 Entón Xesús díxolle: ben dias; mantente facendo así e vivirás.

1
10/29.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 29 Pero querendo o intérprete xustificar os seus actos, preguntoulle a Xesús: E quen ven sendo o meu próximo? \v 30 Respondendo Xesús dixo: Un home baixaba de Xerusalén a Xericó, cando lle saíron ao camiño uns matóns, que logo de mallar nel e roubarlle ata a ropua, deixárono alí medio morto e fuxiron.

1
10/31.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 31 De casualidade un sacerdote baixaba por aquel camiño, e cando reparou no home, pasou polo outro lado. \v 32 Chegou por alí un levita, e fixo igual que o anterior.

1
10/33.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 33 Pero un samaritano, que ía de viaxe, ao chegar a onde estaba el, veuno e tivo compaixón del, \v 34 e achegándose, vendoulle as feridas, cubríndoas con aceite e viño; e montouno no seu propio burro, levouno a unha pousada e coidou del. \v 35 Ao día seguinte, sacou cartos e pagou a estancia por dous días ao pousadeiro dicíndolle: Coida del, e o que precises a maiores, pagareicho á volta.

1
10/36.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 36 Quen dos tres , pensas ti, que demostrou ser o próximo do home malferido? \v 37 E el dixo: O que tivo compaixón del. E Xesús dixo: Vai e fai ti o mesmo

1
10/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 Aconteceu que no medio da travesía, El entrou nunha vila; e unha muller que se chamaba Marta, recibeuno na súa casa. \v 39 Ela tiña unha irmá que se chamaba María, que sentada aos pés de Xesús, escoitaba as súas ensinanzas.

1
10/40.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 40 Mais a preocupación de Marta era outra, estaba afanada cos preparativos e achegándose a El díxolle: Señor, non tes coidado de que a miña irmá me deixe servir soa? Dille que me bote unha man. \v 41 Respondeulle o Señor: Marta, Marta, ti estás tan afanada e conturbada por tantas cousas; que non te estás dando conta de que \v 42 somentes hai unha cousa necesaria, e María foi quen de descubrila e ninguén llo poderá quitar.

1
10/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 10

1
14/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 14 \v 1 Sucedeu nun día de repouso que Xesús entrou na casa dun dos gobernantes dos fariseos, para comer pan, e eles observábano de preto. \v 2 E alí, enfronte del, estaba un home enfermo ao que se lle inflaba o corpo. \v 3 E dirixíndose Xesús aos intérpretes da lei e aos fariseos, faloulles: É lexítimo curar no día de repouso, ou non?

1
14/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Máis eles pecharon a boca. El, tomándolle a man, sanouno e deixouno libre. \v 5 E a eles díxolles: Quen de vós, caéndolle un fillo ou un boi nunha fochanca, no día de repouso, non lle bota a man para sacalo inmadiatamente? \v 6 e non puideron contradecilo.

1
14/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Cando se decatou de que todos os convidados á cea buscaban sentarse o máis preto posible da presidencia, faloulles esta parábola: \v 8 Cando sexas convidado a algún banquete de vodas, non te vaias sentar na presidencia, non sexa que o que te convidou a ti, convidara a outro máis distinguido ca ti, \v 9 e achegándose a vós o que vos convidou, che diga: Déixalle o sitio a este; quedando ti en vergoña e sentándote nos últimos asentos.

1
14/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Mais cando sexas convidado vai e senta no último de todo para que cando chegue o que te convidou, che diga: Amigo, ven máis para adiante; daquela serás recoñecido perante o resto dos que se sentan na mesa contigo. \v 11 Porque todo o que se gabe, vai ser abaixado; e o que se abaixe será gabado.

1
14/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E dixo tamén ao que o convidara: Cando fagas unha comida ou cea, non chames aos teus amigos, nin aos teus irmáns, nin a parentes, nin aos ricos dos teus veciños, non sexa que eles tamén te conviden a ti, e velaí a túa recompensa.

1
14/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Mellor che sería cando fagas un banquete, que chames aos pobres, mancos, coxos, cegos, \v 14 e serás bendecido, posto que non teñen para devolverche a invitación; pois ti serás recompensado na resurreción dos xustos.

1
14/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Escoitando un dos que estaba sentado con El á mesa díxolle: Bendito todo o que coma pan no reino de Deus! \v 16 Pero El díxolle: Un home deu unha gran cea, e convidou a moitos; \v 17 e chegada a hora mandou a un criado a dicir aos que estaban convidados: Vinde, porque xa está todo listo.

1
14/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Comezaron todos a poñer desculpas. O primeiro dixo: non podo, merquei un terreo e teño que ir velo. Descúlpame. \v 19 Outro: Merquei 5 parellas de bois e vounos probar. Descúlpame. \v 20 E outro máis: Acabo de casar e por iso non podo ir.

1
14/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 O criado veu de volta e contoulle todo o seu amo. Entón, anoxado o dono da casa, díxolle ao criado : Váiteme xa polas rúas e rueiros da vila e trae aos pobres, aos mancos, aos cegos e aos coxos. \v 22 E dixo o criado: Meu amo, xa fixen o que mandaches e aínda queda sitio.

1
14/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 E o amo dixo ao criado: Váiteme agora polos camiños e valados e dilles que é preciso que entren na miña casa para que se encha. \v 24 Dígovos que ningunha daquelas persoas que foron convidadas probará a miña cea.

1
14/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 No camiño acompañabaos unha gran variedade moi numerosa de persoas; e El volvéndose, díxolles: \v 26 Se algún ven a min e sigue tendo en primeiro lugar a seu pai ou nai, á súa muller e fillos,naos seus irmáns e irmás, a aínda ata a súa propia vida, non pode ser o meu discípulo. \v 27 O que non carga coa súa cruz e me segue, non lle é posible ser discípulo meu.

1
14/28.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 28 Porque, quen de vós, desexando construir unha torre, non bota contas primeiro do que lle vai custar, para ver si lle chegan os recursos dos que dispón para rematala? \v 29 Non vaia ser que cando xa teña postos os fundamentos, e non puidendo rematar, os que o vexan se mofen del, \v 30 dicindo: Mira para ahí, este empezou a construir e non foi quen de rematar a obra.

1
14/31.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 31 Ou que rei, cando se enfronta a outro en batalla, non se senta primeiro a valorar si lle chegarán 10000 homes para loitar contra os 20000 do outro rei? \v 32 E se non, cando aínda o ten lonxe, mándalle uns embaixadores pedindo un acordo de paz. \v 33 Polo tanto, se calquera de vós non renuncia a todas as súas posesións, non lle será posible ser meu discípulo.

1
14/34.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 34 Bo é o sal, pero que si o sal perde o seu sabor? con que ha ser salgado? \v 35 Xa non vale nin para a terra, nin para a esterqueira; haino que tirar. Quen teña oídos para oír, que oia.

1
14/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 14

1
16/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 16 \v 1 Dicíalles tamén aos seus discípulos: había un home rico que tiña un administrador que foi acusado diante del por malgastar as súas pertenzas. \v 2 Entón chamouno e díxolle: que e o que está chegando aos meus oídos? presenta as contas da túa xestión, porque aínda non podes administrar o que posúo.

Some files were not shown because too many files have changed in this diff Show More