\v 7 Porque o Señor o teu Deus condúcete a unha terra boa , a unha terra de correntes de auda, de fontes e mananciais que fluen por vales e outeiros, \v 8 unha terra de trigo e de orxo, de viñas, de figueiras e granados, unha terra de aceite de oliva e de mel.
\v 9 Unha terra na que comerás o pan sen escaseza, onde non che faltará nada, unha terra na que as pedras son de ferro e na que dos seus montes podes sacar cobre. \v 10 Cando teñas comido ata te fartar, bendecirás ao Señor o teu Deus pola boa terra que che deu.
\v 11 Gárdate de non sequecer ao Señor o teu Deus deixando de cumprir os seus mandamentos, as súas ordemanzas e os seus estatutos que che mando hoxe, \v 12 non sexa que cando teñas comido ata quedar farto, teñas construido boas casas e teñas vivido nelas,
\v 13 e cando as túas vacas e as túas ovellas se multipliquen, a túa prata e o teu ouro crezan, e todo o que teñas se multiplique, \v 14 entón o teu corazón se ensoberbeza e esquezas ao Señor o teu Deus que te sacou da terra de Exipto, da casa de servidume
\v 15 El te conduciu a través do inmenso e terrible deserto, con serpes abrasadoras e alacráns, terra sedenta onde non hai auga. El fixo brotar auga da rocha de granito para ti. \v 16 No deserto alimentoute co maná que os teus pais non coñeceran, para humillarte e probarte, e co fin de che facer ben. \v 17 Non sexa que vaias dicir no teu corazón: O poder e a forza da miña man son os que me produciron esta riqueza.
\v 18 Mais lémbrate do Señor o teu Deus, porque El é o quen che da o poder para para facer riquezas, a fin de confirmar o seu pacto, o que xurara aos teus pais como neste día. \v 19 Mais sucederá que si algunha vez esqueces ao Señor o teu Deus, e vas detrás de outros Deuses e os sirves e os adoras, eu poñome como testemuña na vosa contra de que certamente morreredes. \v 20 Como as nacións que o Señor destrúe diante de vós, así morreredes, porque non escoitastes a voz do Señor o voso Deus.