\v 23 Mais o Señor o teu Deus entregaráas diante de ti, e as confundirá con grande confusión ata que perezan. \v 24 Entregará aos seus reis na túa man de xeito que fará desaparecer os seus nomes de debaixo dos ceos. Nengún home poderá facerche frente ata que os teñas destruidos.
\v 25 Queimarás con lume as esculturas dos seus deuses. Non cobizarás a prata nen o ouro que as recobren, nen o collerás para ti, non sexa que por iso caias nunha trampa, porque son abominación ao Señor o teu Deus. \v 26 Non traerás cousa abominable a túa casa, porque serás maldito coma ela. Aborrecerálas e as abiminarás , xa que é maldición.
\c 8 \v 1 Terás cuidado de pór por obra todos os mandamentos que eu che ordeno hoxe, para que vivades e vos multipliquedes, entredes e tomedes posesión da terra que o Señor xurou dar aos vosos pais. \v 2 E recordarás todo o camiño por onde o Señor o teu Deus te trouxo estes coarenta anos polo deserto, para humillarte e probarte, a fin de saber o que había no teu corazón, se gardarías ou non os seus mandamentos.
\v 3 Aflixiute, deixoute ter fame, para alimentarte co maná que ti non coñecías, nen os teus pais coñeceran, para facerte saber que o home non só vive de pan, senon que o home vive de todo o que sae da boca do Señor.
\v 4 A túa roupa non se gastou, nen se che incharon os pés durante estes cuarenta anos. \v 5 Polo tanto, deber saber no teu corazón que o Señor te estaba a castigar, coma un home castiga ao seu fillo. \v 6 Gardarás, pois, os mandamentos do Señor, para andares nos seus camiños e para temélo.