\c 7 \v 1 Cando o Señor teu Deus te teña introducido na terra na que vas entrar para tomares posesión e teñas botado de diante de ti a moitas nazóns - os hititas, os xerxeseos, os amorreos, os cananeos, os ferezeos, os heveos e os xebuseos _ sete nazóns máis grandes e máis poderosas ca ti,
\v 2 e cando o Señor teu Deus chos teña postos diante de ti e os teñas derrotado, destruirálos por completo. Non farás alianza con eles nen terás piedade deles. \v 3 Non arranxarás matrimonio con eles nen darás a túa filla ao seu fillo, nen tomarás a súa filla para o teu fillo.
\v 4 Porque eles apartarán aos teus fillos de seguirme para servir a outros deuses; entón a ira do Señor encenderáse contra ti e te destruirá inmediatamente. \v 5 Pero así é como faredes con eles: destruiredes os seus altares, destruiredes as súas estelas sagradas e derribaredes as imaxes de Asera e queimaredes no lume as súas imaxes talladas.
\v 6 Porque ti eres pobo santo para o Señor teu Deus, o Señor teu Deus te escolleu para pobo da súa propriedade, de entre todos os pobos que están sobre a superficie da terra