\v 51 Teimudos e incircuncisos de corazón e de oídos, resistides sempre ao Espírito Santo; como fixeron os vosos pais, así tamén fixestes vós. \v 52 A cal dos profetas non perseguiron vosos pais? Eles mataron aos que tiveran anunciado a chegada do Xusto, da que agora vós vos fixestes entregadores e asasinos; \v 53 vós que recibistes a lei por disposición de anxos, e nen así a gardastes.