gl_mrk_text_reg/13/11.txt

1 line
448 B
Plaintext

\v 11 E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir, senón falade o que vos sexa dado naquela hora; porque non seredes vós os que faledes, senón o Espírito Santo. \v 12 E o irmán entregará á morte ao seu irmán, e o pai ao fillo; e os fillos levantaranse contra os pais, e causaranlles a morte. \v 13 E seredes aborrecidos por todos por causa do meu nome, pero o que persevere ata o final, ese hase salvar.