\v 12 Rogámosvos, irmáns, que respetedes aos que traballan entre vos e vos cuidan no Señor e vos ensinan; \v 13 que os teñades en alto e amoroso aprecio por causa dos seus traballos. Tende paz os uns cos outros. \v 14 Exhortámosvos tamén a que advirtades aos desordenados, que lle deades azos aos desanimados e sexades unha axuda firme para ós febles, e que teñades pacencia con todos.