\v 11 Cando eu era neno, falaba coma un neno, pensaba coma un neno e razoaba coma un neno; cando cheguei a home, deixei o que era de neno. \v 12 Porque agora vemos nun espello; pero daquela veremos cara a cara; agora coñezo en parte, pero entón hei coñecer coma fun coñecido. \v 13 Agora permanecen a fe, a esperanza e o amor, pero a meirande de todas as cousas é o amor.