\c 61 Para o director do coro. Sobre instrumentos de cordas Salmo de David \v 1 Ouve , ó Deus, o meu clamor; atende a miña oración. \v 2 Invócote desde os confíns da terra, cando se abate o meu corazón. Condúceme á rocha que é máis alta cá min. \v 3 Porque ti fuches refuxio para min, torre forte contra o inimigo.