\c 19 \v 1 Os ceos falan da gloria de Deus, \p e o firmamento mostra a obra das súas mans. \p \v 2 Día a día transmite a súa mensaxe, \p e noite a noite da a coñecer a sabiduría. \p \v 3 Non hai linguaxe nen idioma; \p non se escoita a súa voz.
\v 4 Pero por toda a terra saíu a súa voz, \p e até os confíns do mundo a súas palabras, \p neles puxo tabernáculo para o sol, \p \v 5 e este, como esposo que sae do seu cuarto, \p alégrase como atleta correndo a carreira. \p \v 6 Dun extremo dos ceos é a súa saída, \p e a súa órbita até os extremos deles, \p e nada queda agachado da súa calor.
\v 7 A lei de Iahveh é perfecta, \p restaura a alma, \p o testemuño de Iahveh é fiel, \p fai sabio o simple. \p \v 8 Os mandamentos de Iahveh son rectos, \p alegran o corazón; \p o mandamento de Iahveh é puro, \p alumea os ollos
\v 9 O temor de Iahveh é limpo, \p permanece para sempre, \p os xuízos de Iahveh son verdade, \p todos xustos; \p \v 10 desexables máis que o ouro; si, máis que moito ouro fino, \p e máis doces que o mel, \p e as gotas que rezuman da colmea.
\v 11 O teu servo é, ademáis, advertido por eles, \p en gardalos hai grande recompensa. \p \v 12 Quen pode discernir os seus propios erros? \p Absólveme dos que me son ocultos
\v 13 Garda o teu servo dos pecados de arrogancia, \p que non gobernen sobre min. \p Entón serei íntegro, \p e quedarei absolto de grande transgresión. \p \v 14 Sexan aceptables diante túa os ditos da miña boca, \p e a meditación do meu corazón, \p ó Iahveh, miña Rocha e meu Redentor.