\v 33 Ensíname, ó Iahveh, o camiño dos teus estatutos, \p e gardareino até o fin. \p \v 34 Dame entendimento para que garde a túa lei, \p e a garde con todo o meu corazón.
\v 35 Fai que ande polo sendeiro dos teus mandamentos, \p porque me deleito nel. \p \v 36 Inclina o meu corazón aos teus testemuños, \p e non para a ganancia sen honra.
\v 37 Afasta os meus ollos de ollar vaidade, \p e vivifícame nos teus camiños. \p \v 38 Confirma ao teu servo a túa palabra, \p que inspira temor por ti.
\v 39 Afasta de min o oprobio que me causa temor, \p porque os teus xuízos son bós. \p \v 40 Velaí que desexo os teus preceptos, \p vivifícame según a túa xustiza.
\v 11 Cercan agora nos nosos pasos, \p fixan en nós os seus ollos para botarnos por terra, \p \v 12 como león ansioso pola presa, \p como leonciño que aseita nos escondedoiros.
\v 13 Érguete, Iahveh, vai ao seu encontro, derríbaos; \p libra coa túa espada, a miña alma do impío, \p \v 14 dos homes, coa túa man, ó Iahveh, \p dos homes do mundo, que teñen a herdanza nesta vida, \p enches o seu ventre do teu tesouro; \p énchense de fillos, \p e deixan o que lles sobra aos seus pequenos.
\v 2 Iahveh é a miña rocha, o meu baluarte e o meu libertador; \p o meu Deus, a miña rocha en quen me refuxio; \p o meu escudo e o poder da miña salvación, \p a miña altura impenetrabel. \p \v 3 Invoco ao Señor, que digno é de ser louvado, \p e son salvo dos meus inimigos.