\v 143 Angustia e aflición viñeron sobor de min, \p mais os teus mandamentos son o meu deleite. \p \v 144 Os teus testemuños son xustos para sempre; \p dame entendemento para que eu viva.
\v 16 Porque cans arrodeáronme; \p cercáronme un bando de homes malos, \p perforaron as miñas mans e os meus pés; \p \v 17 Podo contar todos os meus ósos, \p eles míranme e obsérvanme.
\v 18 Repartiron entre si as miñas roupas, \p e sobor a miña túnica botan sortes. \p \v 19 Pero ti, ó Iahveh, non te alonxes, \p miña forza, bule a socorrerme.
\v 20 Libra a miña alma da espada, \p e a miña vida do poder do can. \p \v 21 Sálvame da boca do león, \p e dos cornos dos touros bravos; \p respondíchesme!
\v 22 Anunciarei o teu Nome aos meus irmáns, \p louvareite no medio da congregación. \p \v 23 Os que temedes a Iahveh, louvádeo, \p glorificádeo toda a descendencia de Xacob, \p e temédelle, toda a descendencia de Israel.
\v 24 Porque non desprezou nen rexeitou a dor do aflixido, \p nen ocultou o seu rostro del, \p senón que cando clamou a El, escoitouno. \p \v 25 De ti ven a miña louvanza na congregación grande, \p cumprirei as miñas promesas diante dos que o temen.
\v 26 Os aflixidos comerán e fartaranse; \p os que buscan a Iahveh, louvaranno. \p Viva o voso corazón para sempre! \p \v 27 Lembraranse e voltarán a Iahveh \p desde todos os límites da terra, \p e todas as familias das nacións \p postraranse diante túa.
\v 28 Pois o reino é de Iahveh, \p e El goberna ás nacións. \p \v 29 Todos os grandes da terra comerán e adorarán; \p todos os que descenden ao pó, postraranse ante El, \p aínda os que non poden conservar viva a súa alma.
\v 30 Unha semente escollida servirao. \p Isto dirase do Señor até a postreira xerazón. \p \v 31 Virán e anunciarán a súa xustiza, \p a un pobo aínda non nacido, \p anunciarán que El fixo isto.