\v 31 E ao instante Xesús, estendendo a man, sostívoo e díxolle: Home de pouca fe, por que dubidaches? \v 32 Cando eles subiron á barca, o vento acougouse. \v 33 Entón os que estaban na barca adoráronlle, dicindo: En verdade es Fillo de Deus.