\v 11 En verdade dígovos que entre os nados de muller non se levantou ninguén maior que Xoán o Bautista; con todo, o máis pequeno no reino dos ceos é maior ca el. \v 12 E dende os días de Xoán o Bautista ata o de agora, o reino dos ceos sofre violencia, e os violentos conquístano pola forza.